O mes de abril de 2019 marcou un novo fito na intensa historia de Mr.Turismo pois emprendemos unha frutífera viaxe con Infinita Viajes y Eventos, axencia de viaxes e organizadora de eventos con máis de dez anos de traxectoria e líder en Galicia das reservas online.

O primeiro que quixemos foi achegarnos á súa razón de ser e fortalezas. As vacacións con voos directos desde Galicia e Porto, as escapadas de aventura ou spa no norte de Portugal, os paquetes para que as familias gocen de parques acuáticos ou da vila de Nadal Perlim son, xunto ás despedidas de solteiro, os produtos de maior éxito desta axencia con sede en Santiago de Compostela.

Infinita experimentou un espectacular crecemento na última década, pero cremos que ten un gran potencial para chegar… ata o infinito e máis aló. Así que nos fixamos como principais obxectivos incrementar a súa visibilidade no sector das axencias de viaxes, lograr o seu asentamento como prescritores entre a comunidade de viaxeiros e, en suma, axudarlles a aumentar o seu volume de negocio, tanto cuantitativa como cualitativamente, dando a coñecer tamén a súa oficina física.

Entre as tarefas que acometemos estes meses de singradura conxunta, podemos destacar:

• O restyling de elementos corporativos coa fin de ofrecer unha imaxe homoxénea en todas as canles nos que teñen presenza. Así, creamos novas firmas de correo ou tarxetas de visita. Tamén, elaboramos, por suposto, as súas campañas promocionais on e offline.

Xestión de redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter). Publicamos cada día as ofertas máis destacadas, ademais de fomentar a participación dos seus seguidores con enquisas ou preguntas e proporcionarlles información de interese ou curiosa relacionada con viaxes. Para iso, deseñamos creatividades e vídeos, adaptándonos aos distintos formatos esixidos por cada rede social. Ocupámonos así mesmo da promoción (publicidade) en redes sociais.

Atención ao cliente en redes sociais. Respondemos as preguntas e comentarios dos seus seguidores, ademais de exercer como intermediarios entre estes e os axentes de viaxes de Infinita.

Marketing de contenidos, redacción e publicación dos post do blog, baixo a premisa de ofrecer información de produtos e destinos, así como datos útiles para os viaxeiros.

Marketing online e campañas SEM. Elaboramos e xestionamos os seus anuncios e campañas en Google.

E-mail marketing. Realización e envío de newsletters para dar a coñecer os seus produtos, agrupándoos por temáticas ou datas de vixencia.

Grazas por confiar en nós! Estamos encantados de participar nesta aventura e esperamos que dure moito, moito tempo. Manteñan os cintos ben abrochados!


0 commentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará