Unha semana despois de pechar as portas da terceira edición de Fairway, non podemos máis que confesar a nosa satisfacción. Nun tempo récord, unha iniciativa que poñiamos en marcha en 2015 asentouse xa plenamente para converterse na cita imprescindible de empresas, organismos, institucións ou particulares vinculados ao Camiño de Santiago.

Fairway. Open Day. Concierto de Susana Seivane
Fairway. Open Day. Concierto de Susana Seivane

É certo que o crecemento de Fairway tampouco nos pillou totalmente por sorpresa. As tres empresas que apostamos por este foro das rutas xacobeas –Viajes Viloria, Trevisani e Mr Turismo- levamos máis de trinta anos constatando o auxe do Camiño e as súas múltiples vertentes máis aló da meramente relixiosa.

Non é fácil definir que é Fairway. Dicimos que é o Fórum do Camiño de Santiago porque non podemos limitarnos a dicir que é unha feira (que contou con máis de cen expositores), ou un congreso (no que participaron máis de corenta expertos), ou un workshop (que xerou máis de 2.000 reunións de negocios entre empresas de quince países de catro continentes), pois engloba todo isto e moito máis, como actividades para todos os públicos, un programa de formación ou un espazo para poñer en contacto a emprendedores e investidores. E, dito isto, que papel desenvolve Mr. Turismo?:

  • Open Day. Mr Turismo participou na organización da xornada de portas abertas na que os visitantes puideron gozar, entre outras actividades, da ruta de sendeirismo I Camiño, unha proposta de creación propia cuxo itinerario une as rutas que chegan a Santiago e a que parte cara a Fisterra. Trevisani contribuíu a levar a bo porto un completo programa, que incluíu tamén a degustación de receitas típicas de distintos itinerarios xacobeos en Gastroway, un obradoiro infantil de cociña co chef Alberto Lareo, un espazo de adopción canina coa Asociación Protectora de Animais do Camiño, obradoiros de mindfulness, sesións de escape room con temática xacobea ou un concerto de Susana Seivane.

Congreso. Comprendeu dous apartados: conferencias (sobre viaxe experiencial, especialización e diversas rutas) e mesas de debate (que puxeron a énfase nos puntos que máis preocupan ao sector: o próximo Xacobeo 2021, a regulación alojativa e a seguridade no Camiño). Establecer as temáticas, contactar cos relatores, organizar os seus traslados e aloxamento… precisou da colaboración de Viloria, Trevisani e Mr. Turismo.

Pero, ademais, Mr. Turismo impulsou a apertura de dúas novas seccións en Fairway:

  • Fairway Academy, programa de formación que se estreou nesta edición con talleres sobre márketing dixital e reputación online e que reuniu a grandes expertos nestas materias, como Mabel Cajal e Rafael González.
  • Fairway Invest, foro de investimento desenvolto en colaboración con Keiretsu Forum, a maior rede de investidores privados do mundo. Foi tamén unha experiencia pioneira neste terceiro Fairway, motivada polo desexo de impulsar o emprendemento e o crecemento económico. Convocou un concurso de startups dotado cun premio de 5.000 euros.
gato-studio-con-tono

Así mesmo, Mr. Turismo asumiu o groso da campaña de comunicación, coa redacción e difusión das notas de prensa e a xestión das redes sociais.

Non vos imos a enganar. O esforzo foi maiúsculo, pero cremos que mereceu a pena. Anímannos os positivos comentarios dos participantes. Desde o mesmo momento en que pechamos as portas de Fairway III Fórum do Camiño de Santiago, pensamos xa en mellorar para a próxima edición. Por suposto, non perdemos de vista que asumimos unha gran responsabilidade porque coincidirá co Ano Santo 2021.


0 commentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará