Nace Hotels Wedding Days e oxalá que sexa un evento que vén para quedarse. Mr Turismo será encargada da comunicación do evento Hotels Wedding Days, iniciativa que parte dos 7 principáis hotéis de 4 e 5 estrelas da cidade de Santiago e onde ambientarán os seus salóns para que os futuros noivos coñezan as súas instalacións tal e como as atoparían si realizasen as vodas en calquera dos sete hotéis.

Orgullosos tennos esta iniciativa e que tivesen en conta a nosa oferta para encargarnos parte da secretaría técnica do evento e sobre todo, toda a estratexia de comunicación do Hotels Wedding Days. Dita estratexia pasa por un gabinete de prensa que cubrirá o publicity do acto, que tivo o seu pistoletazo de saída o pasado luns 26 na sala de Ámbito Cultural do Centro Comercial Compostela “El Corte Inglés”, colaborador desta iniciativa dotando de descontos aos participantes.

Ademáis do gabinete de prensa, púxose en marcha a imaxe corporativa do evento, empezando polo naming e utilizando elementos identificativos do mundo do wedding (señalética, photocol etc) para acertar co imagotipo usando unha tipografía máis desenfadada dado o target novo ao que vai dirixida a comunicación, reforzando o logotipo coas datas e a cidade onde se celebra o evento.

A secretaría técnica pasa polo control das inscriciones, as relacións públicas, a coordinación entre os diferentes axentes e a organización, ademáis do apoio na redación das bases dos concursos e a operativa dos mesmos entre outras cuestións.

A isto hai que sumarlle a web do evento, cuestión realizada polo equipo de desenvolvemento de Mr Turismo que para o caso recorreu ao sempre sufrido WordPress en formato landing page aínda que personalizando totalmente o template polo noso equipo de deseño, atendendo a tipografías e paleta de cores do logo deseñada para o evento. Video en bucle con imaxes evocadoras para o slide principal da páxina, call to action para provocar a inscrición e o contacto, fichas para cada un dos hotéis participantes coa xeolocalización integrada no site, son algunhas das cuestións principáis do site corporativo do evento que conta de base cunha boa versión responsive para dispositivos móbiles. www.hotelsweddingsantiago.com

Remata todo este traballo, cun social media adicado a través de redes como Instagram e Facebook, contando de inicio cun adds para o arranque das redes que conformen unha comunidade de futuro para as edicións vindeiras das que estamos seguro que este evento terá. Comunicación con memes, algunha peza audiovisual e montaxes corporativos para todos os hotéis que conforman a iniciativa será a base do community manager externo.

Os 7 hotéis promotores da idea, confiaron na proposta de Mr Turismo para o lanzamento desta iniciativa da que destaca a unión dos hotéis para sumar sinergías para que todo o grupo benefíciese, e sobre todo, son accións que fan cidade nas que sempre estaremos orgullosos de participar. Longa vida ao Hotels Wedding Days!!!


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *