Da man da empresa Art Natura embarcámonos nun novo proxecto que o turismo en Santiago de Compostela estaba pedindo a gritos: as tarxetas turísticas. Son moitas as cidades que xa contan coa súa tarxeta turística, tanto españolas, como Granada ou Barcelona, ou a nivel mundial, como Ámsterdam ou Nova York. Compostela Pass, a primeira tarxeta turística coa que contará en breves a capital galega.

Dende Mr Turismo, materializamos esta idea de Manolo Ruzo, dono de Art Natura, con todo o cariño e a ilusión que este proxecto merecíase. Entre as nosas labores para esta gran iniciativa atópanse:
-A análise e desenvolvemento do proxecto.
-O deseño da imaxe corporativa e as súas correspondentes adaptacións gráficas.
-O deseño da guía e o folleto informativo.
-A creación da web e de todo o seu contido.

Pero… en que axuda ao turista Compostela Pass e que beneficios lle achega?

Empezando polo principio, cabe destacar que este cartón turístico conta con dúas modalidades: a Compostela Pass, para os que teñen pouco tempo para gozar de Santiago; e a Compostela Pass +, para os máis esixentes que non queren perderse ningunha das ofertas que este cartón turístico lle pode ofrecer.

Entre as vantaxes que estas dúas modalidades outorgan ao turista, atópanse unha infinidade de descontos en diversas actividades imprescindibles para o visitante; tanto nos principais atractivos turísticos máis coñecidos como pode ser a obrigatoria visita ao Museo da Catedral, como a outros recursos turísticos menos coñecidos que non deixarán indiferente a ninguén. Ademais, os descontos incluídos nestes dous cartóns, abarcan visitas guiadas, transportes turísticos, tendas, restaurantes e mesmo o uso completamente gratuíto da consigna Campus Stelae ou unha visita a Finisterre.

Como podedes observar, neste proxecto coidouse ata o máis mínimo detalle, pensando sempre na comodidade e o benestar do turista, por algo nos chaman Mr Turismo!

Seguirémosvos informando!


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *