Marketing dixital

Comunicación sen papel.

Profesionalízate no uso de ferramentas que che permiten chegar a donde antes era impensable. Hoxe si queres… ¡podes!

Marketing dixital, Email Marketing: newsletter & couponing, Social Media Marketing: redes sociais, marketing en liña: SEO, SEM, campañas adwords…, estratexia web, blogs, vídeo-blogs, apps para móbiles nos principais markets: Apple Store e Google Play.
E-mail Marketing

Tes bases de datos de clientes e non tes ningunha técnica de fidelización. Non coñeces os seus perfís e unha vez que se van pola porta do teu negocio non sabes nada máis deles. Hoxe en día hai técnicas para manter fidelizados aos clientes, para telos informados e poder enviarlles ofertas con condicións ventaxosas polo mero feito de ser clientes. Xestiona as túas bases de datos, traballa a captación de clentes potenciais e faiche unha estratexia de fidelización a través do e-mail marketing.

Crear o teu newsletter ou boletín corporativo e utiliza ferramentas moi accesibles de fácil manexo para o envío de propostas informativas ou comerciais periódicas. Utiliza os cupones desconto como estratexia para facer máis atractivos os teus produtos ou servizos. Hai ferramentas que xa existen que che están esperando.

Imaxina que con esta técnica, só un 20% dos teus clientes repitan. Xa é máis do que tes e iso é sumar. Segundo para que negocio, o e-mail marketing pode ser moi efectivo. E si non sabes como legalizar as túas bases de datos Mr Turismo inclúeche asesoramiento para que as poidas utilizar sen ningún tipo de problema. Directo e rápido, non o dubides, o e-mail marketing é unha opción.

Social Media Marketing

Un negocio turístico que se precie debe de considerar as redes sociais como unha canle idónea para mellorar e cambiar a comunicación cos seus clientes. Os tempos cambiaron e non penses no curto prazo, por que as novas xeracións xa veñen con elas nos seus hábitos diarios e son o futuro. Agora xa non facemos publicidade ou folletos para non saber o que pensan os nosos clientes. Agora enfocamos a comunicación cara ao que os nosos clientes opinen e as redes sociais son básicas, e en turismo máis, xa que consumen produtos para ser comentados no momento. Toda unha revolución.

Desde Mr Turismo esforzámonos todos os días para que os negocios turísticos non deixen escapar as oportunidades que estas canles ofrecen. Si tes un bo produto, as redes sociais son gratuitas e pódesche aproveitar delas.

O problema é que hai que saber facelo, saber que comunicar e en que canle, con que periodicidade e en que ton. Aprender a emocionar a través das redes sociais, significa que che sigan ou non, ter máis fans ou menos. Saber que canles son os máis axeitados para sacarlle máis rentabilidade á túa marca é básico, e con qué estratexia de comunicación debemos saír, é fundamental para que o éxito das redes sociais estea garantido. Desde Mr Turismo atendemos todo tipo de negocios. Un restaurante, un hotel, unha cadea hoteleira, unha axencia de viaxes, un museo, un destino, unha asociación profesional, cada un ten unha estratexia que levar a cabo.

Ademais, en Mr Turismo deseñamos un produto especialmente para PYMES. A través de 5 píldoras moi sinxelas, facemos que saibas utilizar as redes dun xeito profesional por tí mesmo. Só depende das ganas que lle poñas, coa mesma estrutura de persoal. Analizamos o teu negocio, creámosche a túa estratexia e os perfís corporativas nas redes sociais seleccionadas, formámosche para que che saibas desenvolver cun trato personalizado, encargámonos do lanzamento (un mes) e logo facémosche seguemiento durante tres meses para acabes dominando este apaixonante mundo. Verás que cun pequeno investimento que farás unha vez, e un pouco de traballo diario, poderás conseguir resultados espectaculares a medio prazo. Agora si queres… podes.

Marketing en liña

Xa non se trata de ter unha web simplemente. En turismo estar nas primeiras posicións de calquer buscador, e de google especialmente, supón estar ou non estar no mercado. Todo negocio turístico que se precie debe apostar por un SEO (Search Engine Optimization) o máis optimizado posible. Optimizar toda a navegación da túa web para que o teu posicionamiento natural en buscadores mellore, saber as palabras clave (keywords) que máis se corresponden co teu negocio para estar o mais arriba posible en buscadores, son claves para calquera negocio turístico que se precie.

Si ademais, combinas o teu posicionamiento natural ou SEO con algo de publicidade en buscadores (compra de adwords), tes todos os elementos ao teu favor para que as entradas a túa web estean garantidas. Non te confundas, a estratexia SEM (Search Engine Marketing) é accesible a todo o mundo, todo depende do orzamento, os pagos por click (PPC) que esteas disposto a afrontar e os resultados que queiras obter.

En Mr Turismo ofertamos propostas moi atractivas para optimizar e mellorar o noso posicionamento a través de propostas combinadas tanto de SEO como de SEM, para ver resultados rápidos e tanxibles no curto prazo. A través de diferentes técnicas combinadas facemos que o teu negocio consiga tráfico con investimentos moi razoables. Se non estás en Google, o teu web non existe, porque os teus clientes non che ven. Non é gasto é investimento.

Estratexia Web

Outro aspecto clave para calquera negocio turístico acorde aos tempos. Ter unha web participativa, amigable, cun bo look and feel, cunha navegación intuitiva, orientada á conversión e máis accesible, fai que a túa web teña sexa unha canle rendible.

Desenvolvementos propios ou utlización de CMS Open Source tanto para e-commerce como para webs, blogs, web blogs, streaming de video son moitas das posibilidades que ofrecemos aos nosos clientes. En función do tipo de negocio propoñémosche os desenvolvementos que mellor se axustan ao teu orzamento e aos teus intereses.

Saber si necesitas un desenvolvemento propio ou un CMS Open Source (content management system de código aberto) tipo WordPress, Drupal etc, é clave para afrontar o investimento dun xeito ou outro. Consúltanos e contámoscho.

Aplicacións para Smartphones & Tablets

A proliferación de dispositivos cada vez máis sofisticados, sumado á popularización das tarifas de internet no móbil coas tarifas planas para descárgaa de datos, fai que o móbil xogue actualmente un papel fundamental para a industria turística. Todos os negocios turísticos xa están orientando as súas estratexias á compra en liña a través destes dispositivos, a cal ten crecementos espectaculares mes a mes nos últimos anos.

O desenvolvemento de aplicacións estase convertendo nun área estratéxica en Mr Turismo. Xa empezamos a sacar as nosas primeiras aplicacións de hoteis, campings e restaurantes. Todas as nosas aplicacións están desenvolvidas tanto smartphones como tablets, tanto para IOS, sistema de Apple, como Android, compatible con Googleplay e válido para a maioría dos dispositivos do mercado.