Saltar ao contido
Actualidade / Ano novo, nova vida para a nosa oficina

Ano novo, nova vida para a nosa oficina

Desde fai uns meses levamos traballando nunha nova cara para a nosa oficina, xa que consideramos que a medida que a nosa empresa crece, a nosa imaxe, debe ir crecendo acorde a ela. E é que… os que traballan connosco saben que nos gusta consentir aos nosos clientes, pero tamén nos merecemos consentirnos a nós mesmos un pouquiño, non? Isto sumado ao noso ingrediente favorito, a creatividade, deu vida a este espazo onde os soños, e sobre todo, as ideas, poden materializarse. Como podedes observar nas fotografías, non só cambiamos de “ look” senón que tamén nos mudamos a un local máis grande, pero a escasos metros de onde estabamos antes, non vos preocupedes, de feito, se vos fixades, decidimos meter parte da esencia do Parque de Bonaval na oficina, así, non botamos tanto de menos nosas anteriores vistas.

Un sitio cómodo, orixinal, creativo e cheo de enerxía, un lugar perfecto para traballar e que as novas ideas xurdan, que os novos proxectos aparezan e sobre todo… un lugar no que demostrar unha vez máis quen é Mr Turismo e de que pasta estamos feitos nesta empresa. Creo que mostra perfectamente como somos, verdade? Pero bo, antes de seguir parecendo Mr Wonderful no canto de Mr Turismo, deixemos que as imaxes falen por si soas e que cada un… saque as súas propias conclusións.


Benvidos a Praza Marcial Villamor Varela 1D Baixo, benvidos a Mr Turismo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *