Panorámica del Camping Ría de Arosa I de Cabío

Panorámica Camping Ría de Arosa I de Cabío

A empresa Mr Turismo, acaba de lanzar ao mercado a primeira aplicación nativa dun camping en España, dispoñible en Android e IOS para dispositivos de Apple.

O Camping Ría de Arosa, tanto para o camping praia da Cabío como para o camping de montaña da Curota, consolídase tecnológicamente e convértese na primeira empresa do seu sector con web de reservas e aplicación móbil para clientes de todo o mundo no noso país.

Os seus campings, na vanguardia das novas tecnoloxías, ademais de ter unha completa oferta de actividades para toda a familia: quads, camas elásticas, castelo hinchable, piscinas para todas as idades, rutas de senderismo ou rutas en mountain bike, dispoñen de WIFI gratis en toda a súa contorna. A empresa acaba de lanzar unha web con motor de reservas e en poucos días poñerá a disposición dos seus clientes unha app propia desenvolvida para IOS e Android, que se converterá na primeira aplicación española para este tipo de establecemento turístico.

Ademais, os afeccionados ao camping que visiten Ría de Arosa, poderán descargarse de xeito gratuita unha app dispoñible en 5 idiomas con geolocalización, rutas turísticas próximas ou unha sección de actualidade onde poderán consultar as novidades do día como o menú, actividades de lecer programadas como excursión ou circuitos para coñecer a bisbarra ou ofertas.

En breve, a través desta aplicación tamén se poderá acceder directamente ao “timeline” de Twitter para poder establecer contacto con outros clientes, creando unha micro comunidade para mobilizar aos seus clientes a facer todo tipo de actividades que se realicen no camping, que as poidan valorar, compartir e responder sen ter que saír da aplicación.

Esta iniciativa lanzada realizada pola empresa compostelana Mr Turismo, segue sumando a todas as iniciativas de marketing digital que o camping Ría de Arosa apostou este verán: a nova web, un novo social media marketing, marketing en liña (SEO & SEM) e e-mail marketing para que aos clientes do camping non se lle pase detalle do que alí acontece.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *