Pousadas encarga ao equipo de Mr Turismo unha auditoría web para a posta en marcha, en consonancia co resto das accións de marketing dixital, da futura web de Pousadas de Compostela: análise do existente, corrección de erros, optimización de dominios, optimización do SEO, mellora da fidelización aos negocios da marca, melloras para o panel de control, en definitiva, accións que marquen a folla de ruta da nova estratexia web que debe de seguir a cadea coa maior optimización das accións para conseguir obxectivos claros e acordes ao crecemento da marca Pousadas. A maiores encargámonos da migración de dominios e a monitorización de todo o proceso para que todo o redireccionamiento web de Pousadas vaia dirixido a un único dominio e espazo web.