FullSizeRender

A marca de Hoteis Boutique Spain está formada por preto de 50 hoteis distribuídos por toda España e queren dar un salto na súa estratexia en liña.

Auditoría web, tarifa plana de Marketing Dixital para a marca, son algúns dos traballos a realizar pola empresa compostelana Mr Turismo.

Como xa comentabamos ao iniciar o ano, xa diciamos que este ía ser un ano movidiño na vida diaria da empresa Mr Turismo. Logo de promover un congreso “Fairway”, ademais das novas incorporaciones de marcas como o prestixioso vermú galego Petroni, a empresa CyclingTheCamino ou as empresas do grupo padronés do Hotel Scala anunciadas nas últimas semanas, agora salta á palestra a incorporación de marca Hoteles Boutique Spain á carteira de Clientes de Mr Turismo.

Como comentabamos na nosa derradeira incursión por Madrid e Fitur 2015, unha das cuestións máis importantes que estaba na axenda de Xaneiro en Madrid para Mr Turismo, estaba, ademais de traballar o noso congreso (Fairway), estaba a presentación da proposta para esta marca de hoteis tan especiais distribuídos por toda a xeografía española “Hoteles Boutique Spain”. A proposta foi defendida nun céntrico hotel boutique de Madrid, ante unha boa representación de membros e directivos da marca.

Durante máis de hora e media, presentóuselles aos presentes, un diagnóse do marketing dixital da marca, onde se auditaron aspectos como o SEO, a reputación, a fidelización, a ferramenta web actual e o social media. Pero a proposta foi moito máis alá do mundo en liña, si non que se analizou tamén a estratexia de produto da marca e a súa comercialización actual. Coas conclusións dese amplo diagnóstico, fíxose unha proposta de máximos cun orzamento, co obxecto de marcar follas de ruta a seguir xa fose no seu conxunto ou por fases.

Logo dunha última reunión o pasado mes de marzo xa en Santiago, a semana pasada determinouse a proposta de arranque coa presidencia do grupo, Patricia Merino, para empezar a traballar nunha primeira fase que consistirá sobre todo nunha auditoría web para propoñer melloras substanciais na súa optimización e comprensión, estratexia SEO, marketing de contidos coa creación dun blog para a marca no seu propio portal e o mantemento da axenda, mellora do social media con community manager para as redes sociais e a creación do e-mail marketing da marca. Ademais crearase unha nova estratexia de produto e mellora de aspectos colaborativos entre os socios da marca, rematando cun novo plan de acción para o futuro de Hoteis Boutique Spain, cunha clara vocación de mellora no mercado inglés inicialmente.

Hoteis Boutique Spain é unha marca de pequenos propietarios de hoteis con encanto distribuídos por toda España. Os seus principais atributos son o trato moi personalizado dos seus propietarios cos clientes, moi próximos á cultura local e ao marketing experiencial, onde se coidan todos os detalles en hoteis cun deseño de interiores moi coidado cuns niveis de confort, trato ao cliente e coñecemento do destino, difíciles de superar si buscas algo especial e auténtico, onde un dos seus maiores inputs son as persoas que hai detrás de cada un dos propietarios dos hoteis pertencentes á marca.

Como vemos, imos estar moi entretidos estes próximos meses, pero vendo a calidade dos hoteis que forman parte da marca, sen dúbida, todos os esforzos serán poucos para dar unha substancial mellora á web, á estratexia de produto e o seu comercialización para os próximo meses durante o ano de duración de contrato. Todo un salto no portfolio de clientes de Mr Turismo, que aos poucos lles iremos contando, non sen antes, agradecer de todo corazón, a confianza dalgunhas persoas que confiaron no noso equipo para traballar duramente por un produto tan sofisticado, de calidade e sostenible como o de Hoteis Boutique Spain.

Irémosllo contanto!!!.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *