Super Presumidor baja

O pasado mes de maio, o Cluster de Turismo de Galicia sacou a licitación a campaña Presume de Galicia por segundo ano consecutivo por un importe de 50 mil euros.

A finais do mes de Xullo logo de resultar adxudicatarios, a empresa Mr Turismo lanzou a campaña Presume de Galicia para o Cluster de Turismo de Galicia

Presume de Galicia

É unha campaña lanzada polo Cluster de Turismo de Galicia na que se responde aos seguintes obxectivos estratéxicos:

Aproveitar o potencial dos galegos como promotores e prescriptores do destino para a promoción e difusión do destino Galicia dentro do territorio nacional e nos mercados exteriores.
Concienciar á sociedade da beleza do destino Galicia, a través de publicacións nas que se enorgullece e presume de Galicia.
Desenvolver unha ponte de relación e comunicación cos galegos do exterior, facéndolles protagonistas da difusión da súa terra como destino turístico de primeira orde.
Fomentar o sentido de orgullo e pertenencia de Galicia.
Reforzar os valores referentes á hospitalidade, a atención e o servizo ao visitante representativo da forma de ser e vivir dos galegos.
Axudar desde a promoción turística a promover e mellorar a “Imaxe de Marca de Galicia” como soporte á promoción e internacionalización das empresas e produtos galegos.
Mostrar a imaxe dunha comunidade moderna e cosmopolita preparada para competir no mercado turístico cos mellores destinos nacionais e internacionais.

Concepto creativo para Presume de Galicia

Utilizamos como base do concepto creativo da campaña a idea de “presumidor ou presumidora de Galicia” recollendo a testemuña da primeira fase da acción, e dándolle un novo impulso. Denominaremos dese xeito aos galegos que non se cansan de presumir e presumir da súa terra, inventándonos ese adxectivo divertido, que chama a atención pero que é perfectamente comprensible sen dar máis explicacións.

Propuxemos que a idea central xire en torno a un neno galego que introduza a esencia da campaña simulando ser un súper heroe “presumidor”, que sexa o fío condutor da acción na que destacaría o compoñente tenro e suxerente. Preténdese que dunha soa ollada cáptense todos os matices e ter un impacto en positivo que chega directamente ao orgullo pola nosa xente e a nosa cultura.

Buscamos apelar ao sentimento de pertenencia colectivo, xa se resida dentro ou fóra da nosa comunidade, chegando dun xeito fresco e diferente ao noso público, e buscando unha boa base para comunicar, aos non galegos, Galicia como destino a través da experiencias e non tanto do xeito tradicional, a través de rutas sobre un mapa e información ao uso. Un rexistro de experiencias, unha galería de fotos de recunchos secretos ou un mapa de espazos descoñecidos completaron un novo xeito de vivir a nosa comunidade, desde o corazón e non só a través dun GPS.

Obxectivos da proposta de Mr Turismo

Crear un instrumento de promoción para Galicia, que mostre o seu potencial turístico a través da visión dos propios galegos:
Poñer en valor todos os recunchos especiais que as persoas que participan na iniciativa “Presume de Galicia” comparten, e que precisamente por iso supoñen un aspecto diferencial clave.
Dar unha visión máis realista e moderna de Galicia, que non só contemple natureza, folklore ou Camiño de Santiago, senón que apoie a cultura contemporánea, o alto nivel gastronómico dos nosos profesionais, o potencial das nosas costas para a práctica de deportes como o surf, o bodyboard ou os deportes de aventura.
Conseguir atención mediática nacional, cunha idea fresca e nova como reclamo: “Coñece Galicia a través dos ollos e as experiencias dos galegos”.
Apelar ao orgullo dos propios galegos tanto residentes en Galicia como no exterior da comunidade:
Reforzar a idea de que nós mesmos somos os mellores embaixadores.
Animar ao turismo interno e á curiosidade por descubrir espazos e experiencias novas dentro do territorio galego.

Principais Ferramentas

Logo de máis dun mes de produción e seguindo as directrices marcadas pola nosa proposta e en consenso cos técnicos do Cluster, lanzámonos a crear as ferramentas de comunicación que resumimos en:

Pechar todas as creatividades da campaña e copy.
Creación da web presume de Galicia
Creación da webapp presume de Galicia
Video Promocional “Presume de Galicia”.
Activación do plan de medios digital da campaña.
Listado de premios da campaña.

Para poder participar na campaña só hai que entrar na web, rexistrarse e subir tantas fotos como se queren. A dinámica do concurso consiste en que a xente aplauda esas fotos que os presumidores van subindo á web, creando rankings de presumidores a través de medallas ás fotos máis aplaudidas, xa sexan por semana, día ou mes, optando por todo iso a premios que van desde unha cámara Go Pro ata un percorrido en voo con motor e estancias de fins de semana en hoteis de Galicia entre outros.

Logo dun mes de funcionamento da campaña e á espera de comunicar os primeiros resultados de participación da mesma, desde Mr Turismo queremos agradecer en primeiro lugar ao Cluster de Turismo a confianza depositada na nosa empresa, en segundo lugar a todos os técnicos e compañeiros que fixeron posible que todo estivese on estafe e coa calidade requirida e para rematar, a Carlos, o noso modelo prota da campaña e aos seus amigos, que se portaron como uns profesionais, agradecendo tamén a Maite (nai de Carlos) e demais pais (amigos de Carlos), toda a súa disposición para facilitarnos as cousas sen perder a paciencia.

Esperamos que a campaña sexa todo un éxito e desde aquí, queremos animar a todos os nosos seguidores, que participen na mesma, xa que todos en certa medida, temos ese recuncho favorito fotografado para poder optar a ser un Super Presumidor de Galicia e ademáis a túa participación ten premio. Xa están tardando!!!


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *