Lamas de Abade

Mr Turismo ten o pracer de celebrar co Centro Integrado de Formación Profesional Compostela o seu 50 aniversario. Nacido en 1967, este centro foi a primeira e máis destacada referencia pedagóxica galega no campo da docencia gastronómica e de hostalería. Outros centros, tanto públicos como privados, chegaron bastantes anos despois. O CIFP Compostela figura como un dos centros preferidos polo alumnado galego para formarse profesionalmente, feito avalado cada ano coa demanda de prazas nos diferentes ciclos formativos que se ofertan, ata cubrir preto das 1.100 prazas actuais, entre formación regrada e continua. Destas prazas, 671 alumnos cursan disciplinas relacionadas coa gastronomía, a restauración e o turismo, máis da metade, mulleres.

A nosa axencia encargouse de montar o panel de actividades que conmemoran esta data tan especial, convidando a expertos no ámbito do márketing hostaleiros, empresarios e cociñeiros de éxito e representantes de empresas vinculadas ao sector como Atrápalo ou minube.

Como inauguración a este calendario de citas na escola, o centro tivo a honra de contar cun invitado de excepción, o cociñeiro estrela Michelin Martín Berasategui, que xunto co Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López e a dirección do centro, deron o pistoletazo de saída ao aniversario.

Encargámonos, ademais, do deseño de toda a cartelería oficial, composta por materiais como lonas promocionais, photocall ou merchandising do centro. No apartado da comunicación online, Mr Turismo creou a web do aniversario e xestiona as redes sociais habilitadas para a celebración, ademais da creación de contidos e SEO. Tamén realizamos unha sesión fotográfica e un vídeo especial sobre a historia da escola.

A nosa axencia encárgase, á súa vez, da secretaría técnica do evento, en todo o que ten que ver cos relatores, viaxes e desprazamentos e xestión de calquera detalle que implique o ambicioso programa de actividades que se desenvolverán ata novembro deste ano. Tamén o contacto e xestión de posibles patrocinadores.

Por último, o noso equipo ocupouse de que a cobertura mediática estea á altura desta celebración, levando o gabinete de prensa do evento e a elaboración dos dossieres de presentación.

Encantados e agradecidos, desde aquí o noso parabén ao CIFP Compostela.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *