Claves para solicitar a axuda para a transformación dixital e a modernización das entidades locais da rede DTI

A transformación dixital e a modernización das entidades locais que forman parte, ou non, da rede de destinos turísticos intelixentes é posible. E é que cada vez son máis os medios e a forma de financiamento e por iso, en Mr Turismo estamos sempre atentos a todas as novidades.

Hoxe dámosche as claves para solicitar a axuda para a transformación dixital e a modernización das entidades locais da rede DTI e, ademais, ofrecémonos a tramitar a túa axuda para facercho máis fácil e axudarche así, a conseguir o cambio que necesitas no teu destino.

Quen pode solicitar a axuda?

Para ser beneficiario da axuda para a transformación dixital e a modernización das entidades locais que forman parte da rede de destinos turísticos intelixentes, o requisito principal está en ser membro da rede DTI, un sinxelo trámite do que nos encargamos en Mr Turismo.

É dicir, os municipios, as provincias e illas, os cabidos e consellos insulares, as Comarcas ou mancomunidades, así como outras entidades locais de base  agrupacional previstas ou, agrupacións de entidades locais constituídas (con acordo interno subscrito), poderán solicitar esta axuda para o seu destino.

Aínda estou a tempo?

Si. O prazo para presentar a solicitude da axuda para a transformación dixital e a modernización das entidades locaisque forman parte da rede DTI está aberto. E, ademais, nos encargámonos de facelo por ti para que che sexa máis fácil e rápido.

Esta axuda, ademais, é de concorrencia competitiva e, polo tanto, non afectará a orde de entrada para a súa concesión. É dicir, a través de certos criterios de avaliación valoraranse as propostas. Por exemplo, terase en conta o número de actuacións da solicitude ou a capacidade dos proxectos para innovar e mellorar a produtividade do sector turístico.

Que gasto cubrirá esta axuda?

Algúns dos gastos subvencionables deste programa de axudas, dirixidas á transformación dixital, inclúen o investimento en moitas das opcións que podemos ofrecerche en  Mr Turismo:

  • Páxinas web
  • Plans de márketing dixital
  • Folletos dixitais
  • Oficinas intelixentes
  • Mapas de realidade aumentada
  • Dixitalización de recursos turísticos
  • Códigos QR
  • Rutas turísticas

É dicir, as nosas solucións serán totalmente subvencionables. Pois, coa axuda para a transformación dixital e a modernización das entidades locais poderase financiar un mínimo do 60% e un máximo do 100% do orzamento do proxecto, chegando mesmo ataos 100.000€. Ademais, os gastos incluídos serán os comprendidos entre o 12 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro de 2023.

Non lle deas máis voltas, aproveita que aínda podes solicitar esta axuda. Nos encargámonos de tramitala e de realizar os informes técnicos. Podes contactarnos para resolver todas as túas dúbidas a través do correo electrónico comercial@mrturismo.com ou no teléfono 698 119 313. Date présa!

Categorías: Blogue

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará