CLICK TO CALL

Desde fai uns meses, na maioría dos traballos de marketing dixital propoñemos aos nosos clientes a implantación dun CLICK TO CALL, sobre todo en calqueira tipo de aloxamento turístico. Contemplado nos seus inicios como servizos para grandes compañías hoxe en día estase estendendo a máis sectores, e o turístico pódelle sacar rendemento.

Como todos sabemos, e xa está moi manido, os turistas volvéronse intelixentes. Os hábitos de compra co nacemento de internet, as redes sociais, os móbiles, cambiaron os comportamentos dos nosos usuarios, teñen máis información e pódena manexar segundo os seus intereses.

O click to call ofrece aos clientes a posibilidade de chamar desde a túa web. É tan sinxelo como poñer o teu número nunha casilla e o establecemento cháma en cuestión de segundos. É un servizo de balde con chamada IP, no que o suministrador do servizo de click & call chama ou avisa ao negocio e conéctacte cos teus clientes.

Hoxe en día segue habendo unha porcentaxe interesante de clientes que visita webs a nivel informativo pero non é cliente de compra en liña. Outros, adoitan visitar varias webs para comparar tarifas e comentarios de clientes, co obxecto de facerse unha composición lugar sobre o establecemento. Moitos destes usuarios, contactan directamente co establecemento por varias razóns: contactar directamente co hotel dálles máis confianza ou creen que conseguirán unha tarifa máis barata si falan coa propiedade. Sumado a todo isto, está en crecemento a reserva de última hora e o click and call pode ser unha opción para esta tendenza.

Con estas premisas, o click to call, presta un servizo que ofrece unha serie de vantaxes, enumeramos algunhas delas:

  • diferénciache da túa competencia.
  • dás un servizo de gratuidade e atención que aforra ao cliente a chamada e fai a reserva máis atractiva.
  • oportunidade de contactar directamente co cliente, co que a porcentaxe de non ir a outras webs o curtas e a peche da venda é máis alta.
  • personalizas directamente a información do teu establecemento co teu cliente (B2C), evitando que vaian á competencia.

Si sumado a todo isto, é doado de implantar, as súas tarifas son perfectamente asumibles para PYMES, podes configurar os países dos que aceptas chamadas, podes personalizar as mensaxes, os idiomas, os horarios de atención, ten un antispam, un configurador de teléfonos non permitidos, un panel polo que controlas as estatísticas das chamadas… En fin, un servizo moi a ter en conta para a industria turística. Veremos como resulta nos nosos primeiros desenvolvementos que están a piques de saír. Contareino…

Categorías: BlogueInicio

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *