Fai unhas semanas, nun deses newsletters nos que estou inscrito, e que adoita ter cousas moi interesantes, había unha especie de destacado sobre a viralidade dos vídeos. Poñía como exemplo o último video de Turkish Airlines que ademais de estar francamente ben a promo, ten como protagonistas a un neno, a Messi e a Kobe Bryant. A promo ten un potosí de visitas.

Pois nada diso señores. Agora, indiferente de si o teu vídeo teña calidade, non a teña, sexa orixinal ou non, teña esa certa dose de humor ou non, xa non é necesario facer nada de nada para conseguir miles e miles de visitantes. Que digo miles, millóns!!!!.

Si queren tráfico na súa canle youtube, e que se poida converter en tráfico para o seu web, a viralidade xa non é produto nin da casualidade, nin si ten famosos ou non, nin de si é orixinal ou auténtico, senón que é simplemente cuestión da contratación dunha empresa de clicking. Para qué contratar a famosos, publicistas, creativos, imaxes gravadas en full HD etc, etc.

Que pasaría si por só 59,99 dólares, xa teñen 5 millóns de visitas garantidas. Compran ou non?. Valerá a pena probar pagar eses dólares para tan boa rentabilidade ou será algo de dubidosa credibilidade?. Eu non me atrevo a pronunciarme, créanme.

Cando vin por primeira vez o vídeo, díxenme: que ridículas poden chegar a ser as empresas puntocom. Imaxineime buscando un socio capitalista ou indo a un banco a pedir financiamento para tan rocambolesca historia. Se cadra me dirán: “que me estás pedindo pasta para ter a uns tíos en nómina facendo simplemente clicks na túa oficina?.

Atoparíamos a solución ao problema do paro en España ou no mundo?. Pedirán para isto carreira superior e idiomas? Seguro que xurdirán novas lesións do tipo: tendinite crónica da man dereita por exceso de clicking. En fin insisto, non sei que pensar.

Cousas peores víronse. Xa me contarán…

Clicking


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *