Bono-de-las-personas-autonomas

Queres dixitalizar a túa empresa? O pasado 14 de xaneiro abriu o prazo para solicitar o bono de persoas autónomas en Galicia deste ano. Así, con esta axuda, as persoas traballadoras autónomas poderán ser máis competitivas na era dixital sen desaproveitar un nicho que probablemente se lles poida estar a escapar. Se non te decatabas, en Mr Turismo contámosche as claves que necesitas, coñece todos os detalles da nova subvención do bono das persoas autónomas

Imos alá!

Quen pode solicitar a axuda?

Para ser beneficiario do bono, a persoa traballadora autónoma debe estar dada de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, a condición de que se cumpran uns requisitos. Tamén, poderán ser beneficiarias da axuda as sociedades de calquera clase e comunidades de bens que teñan un traballador autónomo  societario.

Quedarán excluídos os familiares que, de forma habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñen a condición de ser, nese momento, unha persoa traballadora do negocio. E tamén, aquelas persoas que xa se beneficiaron da subvención nalgunha convocatoria anterior. Pois así, este bono poderá axudar a diferentes negocios.

Aínda estou a tempo?

A resposta é si. E aínda que aínda que é certo que debes comezar xa os trámites para solicitar este bono, aínda tes ata o 14 de febreiro para reunir todo o necesario e facerte coa axuda. Iso si, ten en conta que esta se concederá por orde de entrada e, por tanto, canto antes se solicite, mellor será para conseguir a subvención.

Que gasto cubrirá esta subvención?

Este bono pretende axudar ás persoas traballadoras autónomas en dúas liñas, que son mellorar a competitividade en servizos e investimentos. Estas dúas liñas non son excluíntes, pero contarase co límite máximo de 3.000€ de axuda polo conxunto de actividades.

Entre estas dúas liñas, servizos e investimentos, subvencionaranse plans de márketing, aplicacións informáticas, páxinas web, redes sociais, deseño de marca… Así, con esta axuda, as persoas traballadoras autónomas poderán aumentar a súa presenza nesta era dixital, gañando polo tanto maior visibilidade para o seu negocio.

Os gastos realizados entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 5 de decembro de 2022 (data na que finaliza o prazo de xustificación) poderán cubrirse con este bono, que subvencionará un 80% da actividade cun máximo de 3.000€ de axuda.

Non te quedes con dúbidas porque en  Mr Turismo estaremos encantados de resolverchas. Podes contactarnos a través do correo electrónico comercial@mrturismo.com ou no teléfono 698 119 313 . En Mr Turismo ademais, ofrecemosche todos os nosos servizos para que o teu negocio gañe presenza. Solicita o teu bono, aínda estás a tempo!

Categorías: Blogue

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará