image

O pasado luns, 30 de xuño, estreamos en Mr Turismo o noso aula, que esperemos arranque no próximo outubro e que seguro entusiasmará a moitos dos nosos clientes.
O grupo pertencía ao CIFP Manuel Antonio de Vigo, no que solicitou os servizos de Mr Turismo para organizar unha serie de actividades, entre elas, unha conferencia sobre Comercialización de Destinos Turísticos.

O programa empezou cunha conferencia no Aula de Formación de Mr Turismo, que en certa medida, foi un pequeno estreo para nós, aínda que o proxecto arrincará o próximo outubro, cunha conferencia a cargo de Tono Mugico, director gerente de Mr Turismo, sobre Comercialización de Destinos Turísticos.

Os alumnos do programa Edu-Emprende da sección de Turismo, mostraron interese polos distintos aspectos da comercialización dun destino turístico. A conferencia abordou aspectos formativos como o ciclo de vida dun destino, o comportamento dun viaxeiro á hora da compra ou elección dun destino, o marketing mix do destino e as principais ferramentas de comunicación e comercialización dun destino.

Con posterioridade, organizouse unha visita ao Hotel AC Palacio do Carmen, na que se lles ensinou aos alumnos as instalacións amenizada cunha pequena charla sobre aspectos craves para a comercialización dun hotel de cadea, como era o caso.

Finalmente o planning terminou cunha visita guiada a Santiago impartida pola empresa de guías ArtNatura e finalmente a subida ás cubertas da Catedral. Toda unha experiencia na que Mr Turismo estivo encantado de participar.

Categorías: Actualidade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *