recortadacycling

A empresa de nova creación “CyclingTheCamino” xa está no mercado para en breve saír con todo o seu marketing dixital da man de Mr Turismo.

Poñerá en marcha un novo servizo de aluguer de bicicletas para o Camiño cunha nova web con motor de reservas adaptado desde a prataforma web Moncake ao mundo do aluguer de bicis.

Con gran satisfacción cando fai unhas semanas confirmamos a confianza que o proxecto de CyclingtheCamino deposita en Mr Turismo para o desenvolvemento da súa nova estratexia web e a súa marketing dixital.

Será un luxazo traballar para este proxecto, sobre todo pola madurez e coñecementos do mercado dos seus socios, cos coñecementos que teñen sobre este servizo no Camiño de Santiago sobre todo, o cal axuda a ter as ideas claras para madurar o proxecto cun know how de máis de 10 anos no mercado con servizos similares.

Outro grande reto, será que a plataforma Moncake, desenvolvida e promovida por Mr Turismo e Primate, empresas compostelanas que levan máis de 18 meses desenvolvendo para o sector turístico unha prataforma web e app para calquera modelo de negocio turístico. Ata a data, Campings, cadeas hoteleiras, hoteis, casas de turismo rural, empresas de servizos turísticos, destinos, algún touroperador e en breve o sector MICE…fai que o noso desenvolvemento vaia crecendo cada vez máis en funcionalidades e servizos.

CyclingTheCamino é un exemplo máis, xa que teremos que adaptar o noso motor de reservas propio, ás necesidades de reserva dun sector tan específico como o do aluguer de bicicletas. Adaptalo por distintas capas de busca con diferentes servizos que ofrece CyclingtheCamino, como o aluguer da bici puro e duro ou o servizo de “volta a casa” da xente que fai o Camiño de Santiago na súa propia bici.

Ademais de todo iso, hai que categorizar as procuras do motor de reservas para tipos de bicicletas e adxudicar a bicicleta por estatura e peso dos clientes, sumando a todo isto unha páxina de carriño da compra para engadir oferta complementaria como GPS, casco e un longo etcétera de produtos que ofrece CyclingTheCamino.

Para rematar, para o arranque do proxecto, estase deseñando unha estratexia combinada de SEO e SEM, con marketing de contidos e un social media axustado ás necesidades de marketing dixital de CyclingTheCamino. Todo un reto para o equipo de Mr Turismo que volve meterse de cheo nun proxecto moi vencellado ao Camiño de Santiago, ao que tanto lle debemos moitas empresas e familias que ao longo dos Camiños viven de prestar servizos aos peregrinos.

Grazas a todos os socios de CyclingTheCamino pola confianza depositada no noso equipo que esperemos non decepcionar.


0 commentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará