Sabes como sacar partido á túa conta facendo márketing turístico? Instagram reina no mundo das redes sociais. Aínda que segue sendo un espazo para xente tecnoloxicamente máis avanzada e para público novo en España, o aumento de usuarios crece e crece en todo o mundo. Traballar correctamente a túa conta é fundamental para chegar a un público amplo e para non sufrir as temidas consecuencias do algoritmo de Facebook, que ultimamente traen de cabeza a todas as empresas que investiron moito tempo en posicionar as súas marcas na rede social (xa que cada vez obteñen menos visualizacións dos seus seguidores).
Unha das claves para entender Instagram, é comprender que o material audiovisual debe ser de moi boa calidade e que o xogo é fundamental. Contámosche 4 maneiras para conseguir dinamizar o teu márketing turístico online de forma fácil e divertida:
1. Mosaico no teu perfil
Moitas marcas pioneiras han usado xa este recurso, que aos poucos chega a contas máis pequenas. Trátase de colgar 3-6-9 ou 12 fotos vinculadas, simulando un efecto de mosaico. O truco está en colgar primeiro a esquina inferior dereita da foto e despois, as seguintes partes. Podes recortar a imaxe con Photoshop ou a través de programas online como imagesplitter.net.
2. Gifs e vídeos orixinais
Seguro que viches miles de gifs nas redes sociais. Pequenos vídeos de poucos segundos en bucle, centrados nunha acción concreta. Normalmente son graciosos, moitos de cachorritos, escenas míticas de películas ou bebés. Anímache a facer o teu propio con algunha acción concreta como unha porta abríndose, o teu equipo saudando ou destacando algo importante que pasou no teu establecemento.
3. Stories destacadas en álbums
Por que todo o mundo fala das stories en Instagram? Son un novo recurso que se habilitou fai relativamente pouco (antes eran a funcionalidade estrela da agora maltreita Snapchat) e as marcas están a empezar a usalo de forma profesional. Estas publicacións efémeras (están pensadas para ter unha duración de 24 horas), agora dannos moito xogo grazas ás diferentes opcións que permiten. Para non perder o material que publicas neste formato, podes deixalas en formas de álbum en destacados. Desta forma o usuario, ademais, poderá ver pasando as imaxes todo o relacionado (vídeos, foto, mensaxes) dunha soa ollada. Xoga con varias en conexión e crea unha peza de storytelling orixinal.
4. Preguntas e enquisas en stories
Anima ao teu público lanzando preguntas e enquisas en formato storie, fomentando a participación e de paso, coñecendo os seus intereses. Vas lanzar un novo servizo? É unha oportunidade perfecta para consultar aos teus seguidores se lles parece boa idea. Queres saber a súa opinión sobre algún aspecto concreto do teu servizo? Anímate a facer unha enquisa e valora a súa aceptación. As respostas só che chegaran a ti en privado e saberás quen entrou na publicación e marcar en porcentaxes os resultados (EXTRA- TIP: ideal para salvar que, por desgraza, teñas pouca participación).
A imaxe que dás en redes sociais chega ao teu público potencial, como queres que che vexan? Non perdas máis tempo e dedica un pouco de esforzo ao teu márketing dixital. O sector do turismo vende felicidade, experiencias, emocións. Inspíralles e aproveita todas as ferramentas (gratuítas) á túa disposición! Se queres axuda, chámanos! Encántanos pensar en cousas chulas e novos formatos.
0 comentarios