Fai xa un tempo, a empresa Mantivinos, marca dunha das enólogas de máis prestixio no sector do Viño en Galicia, Cristina Mantilla, decidiu confiar en nós para desenvolver o seu web. Agora ponse en marcha para que lle axudemos a realizar a estratexia de marketing digital de Mantivinos coa nosa apañada tarifa plana.
Cristina pode presumir de ter baixo a súa xestión máis de 30 marcas de viños de diferentes D.O galegas tendo na seu portafolio auténticas xoias da historia vitivinícola galega, como o Pedrouzos das poucas leiras de cepas vellas de Valdeorras, Nicetomeetyou, os Davila, M100 e L100, marcas de adegas como Pazo de Fefiñanes, Valmiñor, Pazo San Mauro ou Castrobrey entre outras, moitas delas da maioría das subzonas de Rías Baixas e outras DO como Ribeira do Douro coa marca Ébano de Valmiñor.
Ademais de apoiala na estratexia social media da marca, SEO e o márketing de contidos do seu web, Cristina confía en nós para comunicar unha nova estratexia comercial para profundar a súa comunicación cara a novos retos que quere afrontar na súa carreira profesional, que como sempre nos ten afeitos, non nos deixarán indiferentes. En Mr Turismo afrontamos o reto de estar á altura desta profesional, apoiando a súa comunicación cara a desafíos que xa estamos deseñando como afrontar.
Non o perdan, longa vida a Mantivinos!!!!.
0 comentarios