Un privilexio para Mr Turismo traballar para este cliente con tan bo produto. Un dos estabelecementos turísticos de Galicia con maior reputación en liña (9,7). Todo isto conseguírono co seu traballo diario, o seu bo facer e un lugar que che deixa pampo axiña que como o visitas por primeira vez. Mr Turismo lles reinventará todo o marketing dixital do seu negocio. Estamos traballando en cambiar o seu web, creandoo os seus perfís de redes sociais e todo iso cun pouco de marketing en liña (SEO e SEM) para gañar tráfico e conversión coa súa nova estratexia de marketing dixital en turismo rural.
O novo site pasará polo seu propio motor de reservas con pasarela de pago, paquetización dinámica, xestión de comentarios, click & call, integración co PMS do negocio ademais dunha web máis participativa, cun look & feel máis axeitado.
Rodrigo e Begoña, donos do estabelecemento, serán victimas de novo da estratexia PYME de Social Media, metodoloxía de Mr Turismo onde en 5 meses eles por si sos faranse cargo das súas propias redes sociais.
A orientación da proposta é clara cara á conversión e a mellora da estacionalidade da demanda, por que a súa reputación en liña é difícil de mellorar. Ademais Mr Turismo estende un pouco os seus servizos, axudándolles a mellorar o seu comercialización, a súa proposta gastronómica, a optimización do aforro enerxético do negocio e a realizar unha prospección de auga termal na zona de río que rodea toda a finca.

Imaxes Torre do Rio, turismo rural en Caldas de Reis: