Saltar ao contido
Blogue / O morbo, o turismo da estupidez

O morbo, o turismo da estupidez

Hai veces que esta profesión ten o seu lado escuro. Un íntimo amigo por facebook mandoume un link e tiven que pestañear un par de veces para creelo. Creo que nos enfrontamos a un claro exponente da estupidez humana. “Vive a experiencia de ser pobre”, sendo rico e que non che falte de nada. Ata fixeron un video promocional como ven.

Un hotel de Sudáfrica, Emoya Hotel, monta un simulacro de barrio baixo chabolista africano e vende a estancia nel para que os seus hóspedes teñan a experiencia de ser pobres, facendo casas de contrachapado con todas as súas miserias, pero iso si, con wifi, calefacción e a 85 dólares. Seguro que pagaron a algún consultor para que desenvolvese este produto. Non me importaría ter unha conversación con él. Que crack!!!!

Isto do morbo non é nada novo en Turismo. Aínda recordo a algún amigo que me comentaba daquel famoso hotel da praia de Copacabana en Río de Janeiro, con marabillosas habitacións con vistas ao mar que non eran precisamente as máis cotizadas. Resulta que as máis cotizadas eran as que daban as costas ao mar pero enfocaban de face ao espectáculo da miseria da maior favela de Brasil. Creo que se poñían cegos en recepción alugando prismáticos. Outro exemplo do morbo como reclamo. Todo un turismo de experiencial vamos.

image

Como vemos, todos teñen os seus matices, e non se presentan da mesma xeito, pero causan a mesma estupefacción. Hoxe a algúns se lles infla a boca co tema do Turismo Responsable, que creo que debe de ir máis aló do sostenible ou o ecolóxico, si non tamén á ética. Se cadra habería que crear o premio ao mal gusto ou, mellor dito, o premio ao Turismo da Estupidez, no máis estrito significado da palabra, para tomar conciencia das nosas vergonzas.

Teño dúbidas de quen ten máis culpa, si o que o *promove ou o que o consume. O negocio da felicidade, ás veces é o da idiotez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *