Desde fai uns meses a empresa da trattoría Tre Colori pertencente aos irmáns González, norteamericanos de orixe galega afincados en NY deste próspero negocio, contrataron os servizos de Mr Turismo para mellorar o seu marketing e apoialos nunha nova iniciativa de hostelería que están levando a cabo para os próximos meses en Manhattan
A primeira liña de traballo con esta empresa familiar neoyorquina pasou por buscar un cociñeiro galego que quixese embarcarse nun novo proxecto gastronómico de profundas raíces galegas que próximamente verá a luz na cidade de Nova York. Para iso, encargámonos de darlles orientación en buscar as mellores opcións en Galicia para a procura dun “chef consultant“ axeitado para a súa nova idea empresarial.
Arroupados en todo momento por Mr Turismo, estando presente nas demostracións de cada un dos candidatos propostos, intentamos darlles varias opcións con diferentes modalidades, xa fose por proxecto empresarial ou por traxectoria persoal, co obxecto de que puidesen comparar o que máis se podía axustar ao que andaban buscando.
Unha vez selecionado o candidato, terá que axustar o menú aos proveedores galegos con presenza en NY e intentar complementar a carta con produto local sen que desmerezca o resultado final. Logo virá a formación do persoal de cociña e unhas semanas de estadía para preparar a apertura para o primaveira do 2017.
Doutra banda, Mr Turismo será a encargada, nun principio, de darlle unha nova estratexia web ao negocio que desde fai máis de 20 anos levan rexentando a familia González en NY, unha coñecida trattoría en pleno Times Square, a trattoría Trecolori (www.trattoriatrecolori.com ) .
Para este traballo estase perfilando toda a reportaxe fotográfica cun fotógrafo residente en NY e ademais Mr Turismo será a encargada da realización do copy da nova web, o deseño e a estrutura, utilizando para iso a plataforma Moncake que sempre utiliza para negocios turísticos que forman parte da carteira de clientes de Mr Turismo.
Na actualidade tamén se atopa en proceso, a nova estratexia de comunicación dixital do novo negocio de marcado carácter galego que xa está en marcha entre as céntricas Little Italy e Chinatown de NY. En breve farase realidade e farémosllo saber con todo luxo de detalles segundo vaiamos avanzando, empezando por dar o resultado de quen será o cociñeiro/a que asinará este proxecto galego en NY.
O mundo faise pequeno!!!
0 comentarios