A empresa compostelana Mr Turismo abre delegación comercial en Madrid desde leste mesmo mes de Xuño.

Parte da carteira de produtos da empresa, moverase comercialmente a toda a industria turística de Madrid.

Levábamos argallandoo desde fai un tempo e agora xa é unha realidade. Desde principios de ano estabamos dándolle voltas á idea de ter unha representación comercial en Madrid. Dado que o portfolio de produtos e as solucións que aportamos empezan a fraguarse para mercados máis amplos, consideramos que agora era o momento.

Contamos para todo iso con Gabriel González, persoa que se incorpora a Mr Turismo con ampla experiencia comercial no sector turístico, sobre todo no mundo das axencias de viaxes e hoteleiro. En principio, o cometido desta nova iniciativa será contar con produtos en carteira como as tablets dixitáis para restaurantes a través da nosa marca “Menú BenBo” e o Moncake, un CMS- prataforma web e app para empresas do sector turístico que se acaba de converter en Cloud para chegar a prezos moito máis competitivos con desenvolvementos webs e apps ben conceptualizados e auditados para os tempos que corren para calquera negocio turístico que se preciar.

A particularidade deste CMS é que ademais de ter módulos propios para o sector (axenda cultural turística, blog integrado, excursións, cartas fotográficas e presupuestador de banquetes) dispón dun motor de reservas que se adapta a todo tipo de negocio turístico (camping, hotel, cadea hoteleira, multiproduto para destinos turísticos, congresos, apartamentos turísticos, albergues e enoturismo como última novidade), cuestión que xa non é tan fácil de ver noutros desenvolvementos que existen actualmente no mercado, sumado a que é moi fácil pasar a app nativa desde o mesmo CMS.

Este salto a Madrid será o primeiro esperemos de próximas aperturas, buscando distribuidores para produtos concretos por zonas turísticas españolas que é onde maior rendemento creemos podémoslle saber aos produtos do noso portfolio.

Todo é empezar. Entrando en fase II.

Categorías: Actualidade

0 commentarios

Deixa unha resposta

Avatar placeholder

O teu enderezo electrónico non se publicará