Unha das principais colaboradoras de Mr Turismo, María Mosquera, promueve un evento innovador no Hotel Moure en Santiago.
Pedro Sierrahima, responsable do lanzamento de Pepephone será o protagonista de The Net Room
O próximo 7 de Febreiro celébrase en Compostela “The Net Room” un innovador concepto de evento formativo en tendencias online, que se celebra nas habitacións do hotel Moure de Santiago de Compostela.
Con María Mosquera como telonera, Pedro Sierrahima, coñecido no marketing low cost por lanzar a idea exitosa de Pepephone, compartirá cos asistentes 3 formatos distintos, sen atriles e ata tomando un viño, en total proximidade cos ponentes e asistentes, compartiranse as experiencias con quen se atreva a asistir a este formato tan innovador.
Este fresco concepto vai da man de María Mosquera, unha das colaboradoras habituais de Mr Turismo para a definición de estratexias de marketing dixital e social media dos clientes do sector turístico que confían na nosa empresa e firma colaboradora da nosa revista de Gastronomía BenBo.
Un evento co que nos sentimos moi identificados, por varias razóns. A primeira por afinidad persoal coa organizadora, outra por que se fai no hotel dun amigo, Jose Antonio Liñares do Costa Vella, do que coñezo a súa traxectoria desde fai máis de 12 anos, o fotógrafo do evento colaborador habitual dos traballos de Mr Turismo e, para rematar, porque o viño oficial do evento é dun gran amigo, Ramón de Castrobrei, cuxa enóloga é absolutamente da casa, Cristina Mantilla, e a diseñadora de tan atrevida botella, non é outra que a querida María Pereiró, potente diseñadora gráfica da que presumo de ser amigo.
Por isto e por moitas razóns, intentaremos estar alí co noso coxín e sobre todo, atentos ao que alí ocorra, esperemos que con participación activa, nun formado rompedor, cousa que non pode estrañar a quen coñeza á xente que o organiza. Moita sorte mozas!!!.