Seguimos engadindo ao noso portafolio hoteis da cidade de Santiago e nesta ocasión, nin máis nin menos que unha das familias máis pioneras da industria hotelera compostelana. A familia Liñares, representados polos irmáns Jose Antonio e Ana, súmanse á carteira de clientes de Mr Turismo, poñendo nas nosas mans a nova estratexia web dos hoteis Altair, Moure e Costa Vella.
A diferenza da tendenza da maioría de clientes con máis dun hotel de xuntar toda a súa oferta nunha estratexia web conxunta baixo unha marca paraugas, os Liñares apostaron por darlle un xiro radical á súa estratexia a propósito que os seus tres hoteis teñen unha clientela diferenciada, van a targets distintos e teñen cada un personalidade propia. Estamos falando dos hoteis de Santiago con maior reputación en liña tanto en booking como en tripadvisor ou trivago, e agora, e esperemos que dun xeito definitivo, queren que o seu marketing dixital vaia en consonancia pese a que sexan con toda probabilidade os que menos o necesitan, non porque funcionen sos, si non que o marketing viral que lle aporta a súa clientela é o seu mellor aval.
Logo dunhas cantas reunións de briefing, utilizando diferentes técnicas de marketing para acertar cos targets, os copys diferenciados e un deseño dedicado para cada hotel, puxémonos a darlle un tratamento especial a este traballo, dando opcións ben distintas para cada un dos seus negocios.
O primeiro que decidimos é darlle fotografía con atrezo e figuración con distintas intensidades aos traballos nos tres hoteis, de tal xeito que os target vísense reflectidos desde o primeiro momento ao entrar nas novas webs de cada hotel. O que máis nos preocupaba era o Costa Vella, polo que significa este hotel na cidade, pola súa emblemática terraza e porque sabemos que é algo máis que un lugar onde aloxarse para os seus hóspedes e os seus propietarios. É probable que hai hoteis mellores, pero a xente neste hotel busca sensacións, sacrifica servizos pola sencillez e autenticidade que dá este espazo aos seus clientes. Por iso, resolvemos a parte central da web con transicións dos slides en sentido vertical contando un storyteling tratado especialmente para este traballo, porque entendiamos que a experiencia Costa Vella dálle momentos inesquecibles a diferentes clientes con motivaciones ben distintas. Logo viñeron os deseños de Altair e Moure, onde baixamos o pistón coa posta en escena, optando por webs sinxelas, evocadoras, cun tratamento gráfico diferenciado e acorde co cliente target tamén.
3 webs, 3 hoteis diferentes, con tres xeitos diferentes de expresar as súas esencias pero cun panel de control único baixo nosa plataforma Moncake integrada nun futuro co seu PMS Oscar de Redfords Software, que lle aporta ao cliente a venda en liña con pasarela de pago única para os 3 hoteis gestionando o seu booking co noso motor podendo compartir todo o seu rooming tanto nos seus webs como nas principais OTAS desde o channel manager do seu PMS (programa de xestión).
Outro esforzo necesario foi pensar a realización dunha serie de rutas e información da cidade, enfocada ao target, é dicir, que segundo a información da clientela obxectivo que nos pasou o cliente, orientamos a información turística da cidade cara a eses gustos, creando, por exemplo, lugares que visitar ou rutas para facer, segundo os públicos aos que nos diriximos en cada hotel. Isto pasou por facer unha ruta para runners, unha ruta de clásicos compostelanos de tapas, percorridos pola cidade e lugares de interese segundo o publico obxectivo de cada hotel. Non é o mesmo cliente no hotel Moure, a versión máis canalla e sofisticada da familia Liñares, que o cliente do Costa Vella.
Pese á aparente sencillez que nos esixiron no traballo para cada un dos hoteis, ese precisamente foi o traballo máis complexo. Querían deseño, navegaciones sinxelas, webs moi visuales, evocadoras que nunha simple ollada impulsasen ao cliente á reserva dos seus hoteis. Algo sinxelo de dicir e non tan fácil de realizar, con todas as dificultades que nos atopamos para a realización deste traballo, tales como as inclemencias meteorolóxicas, traballar cos espazos abertos e funcionando para algunha das sesións fotográficas, acertar coas persoas e profesionais contratados para dar o punto que quere o cliente. Todo un reto créannos.
0 comentarios