pousadas de compostela

A empresa hoteleira Pousadas de Compostela, volve confiar en Mr Turismo para a realización da nova estratexia web da cadea galega. Logo de que fai só un ano, a cadea hotelera galega Pousadas de Compstela, confiase en Mr Turismo para a realización da súa aplicación móbil, a nova imaxe corporativa e o seu social media marketing, agora encarga a posta en marcha da súa nova web, para darlle continuidade ao proxecto. Todo o marketing dixital de Pousadas empezará a coller forma dentro dun par de meses cando se lance a nova web, que estará baixo o paraguas do CMS turístico Moncake. As principais funcionalidades que ofrecerá será un novo motor de reservas con pasarela de pago en liña con paquetización dinámica tanto para venda de habitacións como actividades, reserva en liña de paquetes e ofertas, xestión de banners de ofertas, ademais dunha aposta clara polo marketing de contidos, dando actualizaciones a través da súa nova axenda de actualidade e o blog corporativo. Ademais, contará cun xestor de circuítos, que propoñerá aos seus clientes dun xeito dinámico excursións e circuítos pola cidade e Galicia, con total flexibilidad de cambio desde o panel de control da web. Outras funcionalidades máis de xestión como un plugin de SEO, editor de fotos, configurador de menús para banquetes etc, ademais de adaptar toda esta xestión de información nun único back office que actualice a información tanto na web como na app de Pousadas de Compostela. Sen xénero de dúbidas, pronto verá a luz este proxecto que poñerá a Pousadas de Compostela á vanguarda das novas tecnoloxías e a estratexia 3.0.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *