benbo ok
A nova edición da revista gastronómica BenBo, que edita Mr Turismo, xa está na rúa. Este número dedica a súa portada e unha ampla reportaxe ao aceite galego, un produto que nos últimos anos deu moito que falar: variedades autóctonas recuperadas, mellora de calidade ou novas empresas traballando para implementar a oferta.

Sempre cun deseño e unha maquetación de alta calidade, BenBo segue coidando e mostrando este selo de personalidade que unido a un equipo de xornalistas especializados e a dirección de Miguel Vila, consolidan a nosa revista como o medio máis completo sobre gastronomía galega do panorama editorial.

Para os que aínda non “catasen” BenBo xa teñen dispoñible o último número cunha aposta moi interesante. Os subscritores, que se converteron en fieis lectores, recibirán a revista nas súas propias casas nos próximos días.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *