Ultimando un dos primeiros desenvolvementos de Mr Turismo. Pousadas de Compostela será das primeiras cadeas galegas, se non a primeira, en dispoñer da súa propia aplicación para dispositivos móbiles e tablets en Android e IOS (Apple store). Unha app de descarga gratuita, coa xeolocalización de todos os negocios da cadea (hoteis, restaurantes e espazos para banquetes), reserva en liña, renovada base fotográfica da cadea, navegación intuitiva e visualización de menús para banquetes.

Patrimonio e novas tecnoloxías danse a man coa app Pousadas de Compostela