Reputation.com. Analizar la reputación online de un negocio turístico

Setembro cae sobre as nosas cabezas e a rutina pide o seu regreso inmediato aos nosos días. A oficina, as tarefas, o de sempre…Ou se cadra non. Uns días lonxe da orde temporal dos eventos poden servirnos para refrescar conceptos ou pensar novas formas coas que mellorar o noso rendemento. Por exemplo, como abordar o que se di nas redes da nosa marca e como proxectar os resultados nun plano a varios meses vista. A fama medida en bits ten dúas caras: unha inmediata que temos que rastrexar para comprobar os efectos das accións que emprendemos para dar a coñecer o noso restaurante, cámping, hotel, casa rural ou apartamento turístico e outra a longo prazo, na que medimos o noso nivel de implantación entre o noso público obxectivo. Que conceptos e ferramentas debemos ter en conta para analizar a reputación en liña dun negocio turístico?

O concepto de sentiment: a economía dixital engade ao clásico ROI o IOR (Impact of Relationship), unha forma de medir os sentimentos que nos provocan tales ou cales marcas ou produtos. Unha forma de medir algo tan abstracto é seguilo a través de catro categorías: autoridade, influencia, participación e tráfico.

A autoridade: xa é pola mañá e xunto á cunca do café e as campás do teu ordenador cando se acende chega o momento de comprobar as mencións do noso establecemento. Existen algunhas ferramentas alternativas pero SocialMention é o buscador gratuíto e máis sinxelo para utilizar si estades empezando nisto da revisión de comunidades. Un buscador no que tes que introducir o nome da marca en cuestión e ¡Bum! Aparecen menciónelas e o seu contido. Ou non.

Social mention. Analizar la reputación online de un negocio turístico

A influencia: no caso de que noso rastrexo non nos aporte luz sobre a autoridade como marca do noso establecemento turístico, podemos botar man de Klout. Esta ferramenta é interesante para o traballo de Community Manager non porque sexa a mellor –reafirmámonos na nosa preferencia por SocialMention- pero si é útil polo seu Klout Score, que cualifica de 1 a 100 a influencia que exercen os nosos contidos grazas ao seu servizo web que analiza máis de 400 parámetros distintos das sete redes sociais máis importantes. Tamén fai suxestións sobre que tipo de contidos poden resultar máis atractivos par nosa audiencia potencial, por se quedamos atascados.

Klout. Analizar la reputación online de un negocio turístico

A participación: podemos analizar o número de menciones, en bruto, tamén a través de Klout. Unha opción máis completa para medir a participación é (na súa versión de pago) BuzzMonitor. Podemos empezar a utilizar esta ferramenta de forma sinxela: entramos no seu web en castelán e rexistrámonos. Ten a vantaxe de que admite login a través da conta de Facebook. Unha vez rexistrados, temos que indicar que marca queremos monitorizar e definir as palabras crave que queremos rastrexar e o país no que fixar a monitorización. Prememos Estimate Buzz e a maxia empeza a funcionar; outra das vantaxes da ferramenta é que os resultados do último mes de actividade aparecen expresados nunha gráfica, o que nos será de moita axuda á hora de facer informes de evolución sobre reputación do noso establecemento turístico. Os resultados amosaranse na gráfica de xeito estimado no último mes, onde poderemos ver os picos de ruído que existiron. Se queremos uns resultados discriminados por volume de menciones, localidades, idades, etc, na pestana View my reports atoparemos distintas opcións de informes preestablecidos. Si por exemplo entramos en Evolución do Volume mostraranos datos clasificados por sentimento e podemos seleccionar as fontes de mencións.

Buzzmonitor. Analizar la reputación online de un negocio turístico

Outra das ferramentas para analizar autoridade, participación e influencia que máis nos chamou a atención polas posibilidades que promete e polo seu elevado prezo, porqué non dicilo, é reputation.com. Michael Fertik, CEO da compañía, teno claro: “Internet traballa o teu favor ou na túa contra e aquí non hai termo medio”. Reputation.com ofrece informes diarios, mensuais e semestrais sobre nosas menciones positivas ou negativas e en comparación con mencións que recibe a nosa competencia inmediata.

O tráfico: a ferramenta para utilizar é Google Analytics, que nos contará as visitas que recibe o noso establecemento e a través de onde chegan.

A industria turística comeza a contar con ferramentas propias para medir o sentimento entre os usuarios. Como exemplo, atopamos Foodly, unha ferramenta para indicar valoracións de restaurantes. Dá información sobre o restaurante, opinións de usuarios, comparación coa competencia…Para hoteis destacamos Hoteltools, que está pensada para os CM ou encargados de redes dun hotel; permite elaborar informes sobre reputación en tempo real.

Unha tranquila tarde navegando polo mar de silicio pode aportar máis ferramentas que nos axudarán a poñer orde nos datos e menciones que se acumularán sobre o noso establecemento turístico: Mention, Oraquo, Google Alerts ou ReviewPro (un metabuscador que rastrexa opinións sobre o noso hotel en diferentes portais especializados) pero ademais de coñecelos, é importante que nos sintamos cómodos coa ferramenta escolleita e que non abandonemos a rutina de monitorización.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *