Sabes que é o branded content? Descobre porque debes incorporalo na túa estratexia.

Co marketing de contidos as estratexias para vender produtos e servizos cambiaron. Agora non falamos da publicidade tradicional, senón que imos máis alá. Sabes que é o  branded  content? Descobre porque debes incorporalo na túa estratexia.

Hoxe en día as marcas e empresas preocúpanse máis por crear contido de valor aos seus clientes para gañar a súa confianza. Así que, en  Mr Turismo queremos que coñezas que é o  branded  content e porqué é tan importante incorporalo na túa estratexia para humanizar a marca.

Que é o  branded  content?

Os clientes cada vez están máis expostos a anuncios de todo tipo, polo que se queremos chegar ao consumidor temos que pensar diferentes estratexias, xa non serve con ensinar o produto. Para dar un paso máis hai que saber que é o  branded  content, pois é unha maneira diferente de facer marketing dando un contido relevante aos clientes.

É dicir,

branded  content consiste en crear contido relevante, entretido e no que o usuario teña interese, deixando a mensaxe publicitaria nun segundo plano. Aquí a marca non é relevante, senón que o  branded  content úsase para xerar valores e conectar coa audiencia.

En resumo, o  branded  content trata de achegar valor engadido e entreter. Se consegues que as persoas gocen do teu contido parabéns, que mellor maneira de facer marketing?

Por que debes incorporar o  branded  content á túa estratexia?

branded  content ten moitas vantaxes e beneficios. Se a túa marca ou empresa consegue solucionar os problemas ao consumidor conseguirás que te asocien a un contido e estarás mellorarando o teu posicionamento na súa mente.

Se queres xerar engagement e fidelizar aos teus clientes, incorporar  branded  content á túa estratexia pode axudarche. E é que creando contido de interese lograrás que constrúan unha relación contigo. As estratexias de  branded  content teñen gran potencial  viral ao tratarse dun contido atractivo para os clientes e isto fará que os usuarios o compartan. Crea o efecto bóla de neve!

branded  content, ademais, adáptase a todos os formatos: vídeos, podcast, videoxogos,  webinars… Todo o que necesites para conseguir entreter á túa audiencia. Coa túa marca non se aburrirán!

Exemplos de éxito de  branded  content

Si, as estratexias de  branded  content son moi efectivas, pero requiren de tempo para planificalas. Conseguir un bo resultado non é tarefa fácil, sabémolo. Pero queremos que lembres algúns dos maiores exemplos de éxito de  branded  content para que vexas que vale a pena investir tempo na estratexia.

O primeiro, e que seguramente lembrarás aínda hoxe en día, foi protagonizado por Félix  Baumgartner coa marca  Redbull.  Este é o exemplo máis exitoso de  branded, pois a coñecida marca de bebidas enerxéticas conseguiu entreter a máis de 4 millóns de espectadores co seu salto desde a  estratosfera batendo todos os récords no ano 2012.

Coca-cola sempre é un exemplo en marketing, e non podía ser doutra maneira no  branded  content. No ano 2013 a marca lanzou latas de coca-cola con nomes personalizados, unha pequena acción que bateu récord de vendas. Conseguiches a túa?

No  branded  content tamén hai sitio para o turismo, en Andalucía lanzouse unha campaña coñecida como “Tu mejor tú” que mostra pezas enfocadas na súa gastronomía, monumentos, actividades, paisaxes…  Un contido do máis emocional para os andaluces e todos aqueles que visiten a comunidade. Tamén en Londres, lanzouse unha campaña de marketing, “The  London Story”, para mostrar os recunchos escondidos da cidade, como é alí a vida e todo contado por habitantes de Londres. Non che recorda ás nosas rutas emocionais?

No  branded  content o importante é transmitir e non tanto o vender. Crear contido de calidade e entreter aos usuarios deberán ser os principais obxectivos para que a túa estratexia de  branded funcione. Por iso, hoxe compartimos con vos un traballo que realizamos para Mar de Santiago, ¿coñecedes esta ruta marítimo fluvial?

En  Mr Turismo encargámonos de humanizar a túa marca, podes contactarnos a través do  mail comercial@mrturismo.com ou no teléfono 604 022 856 e poñerémonos a traballar niso, ademais podes consultar os nosos servizos e coñecer así novas estratexias de marketing.

Imaxe: ABC

Categorías: Blogue

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *