Nos anos que levo nisto do Turismo non me deixo de sorprender. Durante moitos anos fun testemuña de como as novas tecnoloxías xogaron un papel fundamental na industria turística e esta tendencia non fai máis que incrementarse. Sempre digo que no mundo do Turismo levamos 3 revolucións en pouco máis de 12 anos: o nacemento de internet, o nacemento das redes sociais e o 2.0, e para rematar, teléfonos móbiles e as aplicacións para smartphones, tablets etc.

Aínda recordo, con moita nostalxia aqueles routers, ordenadores, ou impresoras, con aqueles ruídos-sons marabillosos (xa vintage) cos que empezabamos a usar as novas tecnoloxías no noso traballo. Tamén recordo con nostalxia, a empresarios de hostelería, poñendo en cuestión internet, o correo electrónico e o seu uso en beneficio do turismo. Si non me creen, preguntemos cantos restaurantes alá polo ano 2000 dispoñían de correo electrónico, por exemplo. Logo veu a ADSL e as tarifas planas e demais, e todo isto esqueceuse e o sector colleu carreiriña.

Cando naceron as redes sociais, moita xente volveu a cuestionar os seus beneficios. Hoxe que visito restaurantes, hoteis, campings etc, enfocando unha parte do meu negocio á PYME, que é a que vexo máis necesitada de marketing por certo, aínda me dou conta da cantidade de cousas que quedan por facer. Neste xeito, atópome con verdadeiros emprendedores, con investimentos non precisamente baixos en máis casos do que se imaxinan, aos que as redes sociais e as novas tecnoloxías xa lles pillan moi lonxe. A dúbida está, entre os que se atreven a dar o paso ou os que se conforman con que isto non é pare eles.

Respecto de os que dan o paso, outro día contaremos como facemos que estes emprendedores que lles pillou de lonxe estes cambios dan o salto e cun pouco de método desde Mr Turismo coa nosa metodoloxía PYME conseguimos que en poucos meses leven profesionalmente as súas propias redes por si mesmos . Deles e das súas dificultades, son dos que máis aprendemos para coñecer as súas necesidades e como as podemos atacar. Así que cando me vexo cun cliente, modesto e humilde empresario, que empeza por dicirme, !!!faime un feisbú de eses!!!, pecho os ollos, sorrío e dígome: empeza o reto, temos un cliente inquedo que necesita axuda. Nuns meses verémolo twitear…

Para os máis incrédulos, dedícolles unha cancioncita que me atopei por aí. Vai o video. Fíxense si é importante que ata lle dedican unha canción. Uns cachondos!!!!!


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *