Como xa sabedes, en Mr Turismo, unha das ramas do sector na que destacamos é a gastronomía. Si traballar na web para un gran trattoria na gran mazá como a Trattoria Trecolori foi todo un luxo, traballar na creación da web e o asesoramiento técnico para a asignación dun chef consult dunha taberna galega que se abriu paso entre os restaurantes neoyorquinos é unha gran satisfacción.

Tras un acertado traballo para o seu primeiro encargo (Trattoria Trecolori) Marco, Victor e Phil, volveron a confiar en nós para un novo proxecto no que quixeron embarcarse, un proxecto moito máis persoal, no que reflectir unha parte moi importante deles mesmos, as súas raíces. Neste negocio, intentaron levar a gastronomía galega de vangarda á cidade máis cosmopolita do mundo, deixando a elaboración dos pratos en mans de tres chefs expertos na materia: Lucía Freitas, Fran Novas ou Rogelio García. Como expertos no sector, desde Mr Turismo realizouse unha asesoría técnica á hora de seleccionar o/a chef que mellor representase o concepto gastronómico que buscaban.
Sen perder a esencia que eles querían conservar, elaborouse unha estratexia web sinxela baseada no estudo das necesidades do cliente, para así, conseguir reflectir dun xeito visual e dinámica para o usuario final, todo aquilo que a taberna galega Tomiño significa. Un bo exemplo diso, son as folliñas de carballo presentes na web e outras aplicacións gráficas. Ademáis do desenvolvemento, tamén nos encargamos de coidar ata o máis mínimo detalle da web, pasando desde os teasers adaptables a calquera pantalla, ata os copys ou fotografías que unha web deste nivel requiría. Por suposto, aínda necesita retóques finais en canto á versión responsive (a tecnoloxía sempre renovándose e poñéndonolo fácil), pero consideramos que o resultado foi o que esta taberna galega necesitaba.
Ademáis, tamén se traballou o deseño gráfico de Tomiño en diversas aplicacións online e offline, como as cartas, as pizzarras, a señalética interior, os posavasos ou ata as delicadas caixas de cerillas coas que obsequian aos seus clientes. Agora xa temos un sitio de referencia en Nova York para tomar unha boa empanada, unha tortilla ao estilo Betanzos acompañados dunha boa Estrella Galicia ou viños galegos de referencia.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *