
Queres darlle un xiro totalmente diferente ao teu mapa turístico? A realidade aumentada chegou para quedar e só temos unha opción, dixitalizarnos. Presta atención porque hoxe falámosche dunha das nosas solucións que conquistou a Turismo de Galicia, o mapa por RA de Mr Turismo. Contámosche máis!
Dalle unha nova dimensión aos teus mapas turísticos!
Coa era dixital, os mapas turísticos en papel teñen que aportar un valor adicional e coller vantaxe fronte a outras plataformas que parecen ofrecer o mesmo servizo, pero sabes como dar outra dimensión?
En Mr Turismo somos capaces de converter un plano turístico nunha guía interactiva para os visitantes dun destino. Con esta nova funcionalidade, os usuarios gozarán manexando o que, a simple vista, parece un mapa tradicional. E é moi sinxelo!
Escaneando un código QR, os visitantes dun destino poderán acceder a unha aplicación web de realidade aumentada que, dende o propio móbil, permite obter máis información en diferentes formatos. Así, localizar puntos de interese, mercar entradas para eventos e monumentos ou saber dalgunha curiosidade, será moito máis doado.
E, que elementos se poden sinalizar?
A experiencia dos visitantes do teu destino estará máis que completa se apoias a súa visita co contido dos mapas por RA de Mr Turismo: vídeos, pdfs, foto e vídeo 360, alzado 3D, tours virtuais, gigapans… No mapa de Turismo de Galicia poderás atopar varios exemplos ata facer un tour virtual pola Catedral de Santiago. Dálle renda solta á túa imaxinación para personalizar o do teu destino!
Ademais, para facilitar a información ao usuario, poderás crear distintas categorías dentro do teu mapa turístico. Por exemplo, Turismo de Galicia dividiu o seu contido diferenciando entre espazos naturais, catedrais e mosteiros, patrimonio, lugares únicos, rutas turísticas e cidades. Xa sabes como distribuír o teu?
Os nosos mapas turísticos por realidade aumentada, tamén conteñen un selector de idiomas na propia aplicación web. Polo que así, o usuario poderá dispoñer de diferentes opcións e elixir a súa preferida para utilizar o noso mapa interactivo.
Máis solucións de Mr Turismo para dixitalizar o teu destino
E aínda tempos máis que contarche, en Mr Turismo podemos ofrecerche máis solucións para dixitalizar o teu destino e seguir atraendo visitantes. Queres que che contemos máis opcións?
- Feiras e eventos virtuais: este novo formato de feiras e congresos aumentará o potencial internacional de calquera evento. Nós encargámonos de dixitalizar os teus stands, os mapas interactivos, os espazos 3D, as videoconferencias…
- Escape tours: se queres converter o teu destino nun circuíto de escapismo ao aire libre, só tes que pedírnolo. Encargarémonos de crear unha historia para que os teus visitantes descubran o patrimonio, a historia e a cultura mentres se divirten.
- Oficinas de turismo do século XXI: transforma a túa oficina e lévaa cara o camiño da dixitalización e a sostibilidade.
- Contornas visuais: permite aos usuarios moverse con liberdade e explorar calquera espazo turístico do teu destino de maneira virtual.
- Rutas emocionais: atrae visitantes e catívaos dende o principio transmitindo experiencias en primeira persoa dos personaxes locais do teu destino.
Queres máis información dos nosos mapas interactivos ou doutras das nosas solucións? Podes escribirnos a comercial@mrturismo.com ou chamarnos directamente ao teléfono 698 119 313. Chegou o momento de dixitalizar o teu destino!
0 comentarios