A axencia de receptivo Galicia Incoming confía en Mr Turismo para o desenvolvemento do seu novo video corporativo.

O video editado en dous idiomas, acompañará á compañía en todas as súas accións promocionales en feiras e work shops.

Galicia Incoming-Viaxes Viloria confía en Mr Turismo e na empresa compostelana Imaxenium para a realización do seu novo video promocional. Gravado en HD con música e grabaciones moitas delas inéditas, orientadas cara a imaxes de destino e de produtos que a empresa de receptivo de Galicia comercializa para outros minoristas de varios países do mundo.

Co título “Get carried away” e cunha coidada posta en escea, utilizáronse diferentes localizacións con grabaciñons ad hoc para o novo video promocional: Imaxes aéreas, planos de esceas cotiás do Camiño de Santiago, un dos produtos nos que está especializado Galicia Incoming, acompañadas de imaxes das cubertas da Catedral de Santiago ou algúns planos míticos da Costa da Morte, farán as delicias dos axentes e a prensa especializada nas múltiples feiras ás que acode Galicia Incoming.

Desde fai uns anos, Viaxes Viloria puxo en marcha esta iniciativa na que Mr Turismo coñece a súa traxectoria desde os seus inicios. Logo de varios anos duplicando esforzos con accións directas e en feiras de Turismo en mercados como Brasil, Xapón, Italia, Francia, Inglaterra e Alemaña, coa edición deste novo video, a empresa pretende dar un salto de calidade na que sen dúbida este video non deixará a ninguén indiferente, para afianzar aínda máis a súa presenza en mercados internacionais.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *