captura1cnh

Nos últimos meses crecemos. Fixémonos grandes non só porque contamos con máis proxectos no noso porfolio, senón porque temos novos clientes que nos achegaron moito valor e experiencia. A última incorporación á nosa carteira é a cadea Compostela Net Hotels en Santiago. Un negocio hostaleiro que apostou pola mercadotecnia dixital e por un web turística adaptada ás súas necesidades: www.compostelanethotels.com

Esta empresa ten, polo momento, dous establecementos que comparten unha característica común: o seu carácter boutique. Por un lado, o Smart Boutique Hotel Literario San Bieito está situado nun edificio histórico do casco vello da cidade onde residiu o escritor Manuel Murguía, marido da famosa poetisa Rosalía de Castro. Un hotel equipado coa última tecnoloxía, que dispón de almorzo 24 horas e no que se pode gozar da literatura galega e audiovisual a través de ebooks dispoñibles para todos os clientes. O Hotel Bonaval, no traxecto final do Camiño de Santiago e enfocado en gran parte, polo tanto, aos peregrinos, completa a oferta da cadea.

captura3CNH

Ademais de todo o anterior, o equipo de Compostela Net Hotels ten a experiencia de toda unha vida no sector. Un gran proxecto para que o xa estamos a traballar. Tras varias reunións de briefing e unha sesión de fotos, xa elaboramos os contidos estáticos da web e a estratexia en redes e o blog. A continuación lanzaremos o novo portal, para posteriormente darlle o impulso definitivo a través da tarifa plana de Marketing Digital, con SEO e Email Marketing.
Seguimos!


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *