Xeodestino Manzaneda Trevinca Valdeorras

Ao sueste de Galicia, concretamente na provincia ourensá, atópase o Xeodestino Manzaneda  Trevinca Valdeorras, un territorio que xa forma parte de  Mr Turismo. Desde hai un tempo comezamos a traballar na dixitalización deste destino e é que, a idea é dar unha maior visibilidade aos seus pequenos concellos mellorando a identidade corporativa e a presenza en liña coas nosas estratexias de márketing. Queres que che contemos máis detalles?

 “Terras que saben”, o seu evocador claim

Para comezar a traballar con este territorio, o primeiro foi elixir un  claim que, en poucas palabras, puidese reflectir os valores do conxunto de concellos do xeodestino. E despois de moitas voltas, “Terras que saben” foi para nós a opción perfecta.

O termo Terras fai alusión á identidade, ao apego e á nosa terra. E, por outra banda, fai referencia á unión de territorios, neste caso, os 12 concellos que, en conxunto, ofrecen unha gran variedade de recursos naturais.

Pola súa banda, saben é un concepto que nace da dualidade entre o sabor e o saber. Este xoga un papel fundamental porque fai alusión á gastronomía típica do xeodestino e á sabedoría, pois trátase dun territorio cheo de historia e de cultura.

Para a presentación de “Terras que saben”, en FITUR, o noso equipo multimedia púxose a traballar nun vídeo que explicara á perfección o que representa o claim. Queres velo?

https://twitter.com/SoyMrTurismo/status/1508813756784066579?s=20&t=Yaxkj1MVVw0nHVF1EJW7Iw

Coñecendo o territorio pouco a pouco

Para pulir o noso traballo, en Mr Turismo fomos recorrer o destino. Coñecer os 12 concellos do territorio foi fundamental para conseguir un material fotográfico de calidade, e é que este é o motor principal no noso equipo. Queres ver algúns dos nosos traballos para este destino?

Restyling de elementos corporativos: Ao comezo deste traballo foi necesario tamén modificar o  logo con todo o seu territorio. Pois é algo imprescindible para actualizalo en todas as canles nos que ten presenza.

Xestión de redes sociais: Facebook, Instagram e Twitter son as tres redes sociais nas que podes descubrir este xeodestino. Aí publicamos os recunchos de cada un dos concellos que forman parte do territorio. Así ofrecemos información, datos de interese e curiosidades para aqueles que queiran achegarse a estas localidades ourensás.

Marketing de influencers: Para dar unha maior visibilidade ó territorio puxémonos en contacto con Eva Abal, de @unaideaunviaje. Ninguén mellor que ela, natural de Valdeorras, para ser a embaixadora de este destino. Así, durante un fin de semana, a influencer puido compartir cos seus seguidores a través das redes sociais os paisaxes máis emblemáticos do territorio que tan ben coñece.

Xeodestino Manzaneda Trevinca Valdeorras, un territorio que xa forma parte de Mr Turismo
Marketing de contenidos: Na páxina web do xeodestino Manzaneda Trevinca Valdeorras publicamos diferentes posts de blogue, pois así, ademais de ofrecer información óptima aos viaxeiros, traballamos nunha boa orientación a SEO.
 
Para finalizar, gustaríanos agradecer ó xeodestino Manzaneda Trevinca Valdeorras a súa confianza en nós. Como sabedes, encántanos traballar para un dos nosos sectores favoritos, o turismo.
Ti tamén necesitas que che botemos un cable? O teu destino pode ter outra vida. Na nosa web podes consultar os nosos servizos e solucións. E se tes dúbidas só tes que chamarnos ó 698 119 313. Pensaremos por ti!
Categorías: Blogue

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *