yu travel

Xa lle tiñamos ganas a esta área do negocio turístico da intermediación para someter a todo o noso equipo nun test de validación para o marketing dixital dun negocio destas características. O touroperador Yutravel, de recente creación en Galicia, confía no equipo de Mr Turismo para arrincar todo o seu marketing dixital desde os inicios.

Para este novo cliente recentemente adquirido por Mr Turismo, imos apostar por ofertar no mercado unha proposta atrevida pero profesional para levar a comunicación deste touroperador, onde masivamente dirixe o seu negocio ás empresas minoristas de viaxes, que esperemos, verán con bos ollos os novos produtos que sacarán en breve ao mercado combinando parte do aéreo a destinos como Cabo Verde ou Madeira que irán crecendo aos poucos, con produto especializado na España Verde e Portugal.

Desde Mr Turismo aplicarémonos en crearlles un social media impactante, o SEO combinado co marketing de contidos, o e-mail marketing e a creación da súa nova páxina web cun deseño dedicado con integracións de XML externas para toda a operativa orientada á venda a minorista. Intentaremos aplicar un liña de deseño gráfico adaptados á súa comunicación en redes, con mensaxes impactantes, combinando fotos dos seus destinos e ofertas, con MEMES e algún deseño máis con certa faísca que esperemos chamen a atención do público para que busquen os seus produtos en axencias.

Xa estamos ultimando os últimos pasos para activar toda a súa estratexia cun ano de percorrido co obxecto de situalos a través de campañas e concursos no mercado especializado canto antes. Todo un reto para o equipo de Mr Turismo que colle por primeira vez o reto da comunicación dun touroperador que esperemos dea que falar. Longa vida a Yutravel!!!.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *