Claves para facer un bo copy

Para atraer clientes debes ter claro como facer unha boa escritura persuasiva, ou o que é o mesmo, saber facer un  copywriting ou  copy. Isto é un texto publicitario que incita ao lector a unha acción. É dicir, trátase de escribir para atraer e vender. Para facer un bo  copy hai que ter claro cales son as características do produto ou servizo que queremos vender e pasalo a un beneficio do teu  buyer. Por iso, neste post traémosche as claves para facer un bo copy e axudarche así, a diferenciar  as características dos beneficios.

Isto ten a súa complexidade, pero non te asustes porque o imos ver en 4 pasos moi simples para que poidas entendelo e os teus  copys queden  fetén. Quédaste a lelo?

Escribe o copy perfecto en 4 pasos

A intención dun  copy é persuadir para que os consumidores terminen facéndose cun produto ou servizo como ben acabamos de dicir. Para iso, como todo no mundo do marketing, hai que seguir unha estratexia que tentaremos explicarche o mellor posible. Toma nota!

  • Define o teu  buyer persoa. Antes de cada acción hai que sentarse cun café na mesa e planificar o  buyer persoa. Isto é unha representación do consumidor ideal ao que nos queremos dirixir co noso copy. Deberás definilo tendo en conta todas as súas características. Por exemplo, se eu son un aloxamento enfocado a turismo familiar podería dirixirme a Sara: “unha muller de 35 anos que vive en Galicia, está casada e ten dous fillos. É profesora, de clase media- alta, gústalle viaxar, escoitar música, coñecer novas cidades e nos seus intres libres aproveita para pasear coa súa familia”. En definitiva, para o teu  copy, ou texto persuasivo, tes que coñecer moi ben o teu público obxectivo. Cantos máis detalles, mellor!

  • Describe as características do produto ou servizo e coñece os beneficios. Aquí debes ter moi claro que é o que queres vender no teu  copy, as capacidades, a cor, o tamaño, o que ofrece… Por exemplo, volvendo ao sector turístico: Unha característica da Catedral de Santiago é que permite subirse aos tellados desta. Con todo, o beneficio é que desde os tellados podes gozar dunhas incribles vistas de Santiago de Compostela ao tratarse este do punto máis alto da cidade. É dicir, un beneficio é o que achega unha característica ao  buyer.

  • Os puntos de dor, a clave para converter. Se consegues que o  buyer chegue á túa web non podemos saturalo con beneficios, senón que hai que usar os puntos de dor. Estes son os elementos que fan chamar a súa atención, pero de maneira máis sutil. Trátase de crear un problema e a necesidade de resolvelo, neste caso connosco. Consisten nunha ponte para conseguir a conversión.

  • Brevidade e  keywords. E por último, para escribir un  copy hai que ter moi claro o obxectivo. Este debe ser sobre todo breve e ha de ter as palabras clave se queres que atopen o teu produto ou servizo. Así que saca esa lista de  keywords e a por elo.

Agora entendes mellor a que nos referimos cando falamos de facer un bo  copy? É fundamental facelo ben para conseguir esa conversión dos clientes. Joan Marco,  copy turístico, escribiu no seu blogue un post de exemplos de  copywriting por sector. Busca o teu e faite unha idea!

Na nosa web podes consultar máis servizos que temos para o sector turístico ou acollerte a unha das nosas novas solucións. Non dubides en contactarnos a través do  mail comercial@mrturismo.com ou no teléfono 604 022 856.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *