Hoxe presentamos un proxecto no que xa traballaramos anteriormente, pero que co aumento e cambio de rumbo dos seus servizos, acabamos de presentar unha nova imaxe corporativa da que estamos moi orgullosos.

Como xa comentamos anteriormente no noso apartado de actualidade, hai tempo que una das enólogas de máis prestixio no sector do viño en Galicia, Cristina Mantilla, decidiu confiar en nós para desenvolver a súa web e para a creación da súa estratexia de Márketing Online. Esta vez, tras o crecemento que experimentou a marca, e en especial, o crecemento de Cristina Mantilla como profesional, traballamos nunha liña de negocio totalmente renovada, co seu selo de calidade.

Tras un exhaustivo estudo pormenorizado do briefing do que dispoñiamos, hase conceptualizado a idea de negocio nunha soa frase: “Axúdoche a mover os fíos”. Unha referencia directa a unha das principais novidades da marca, que é a exportación e importación de viños galegos a algúns dos mercados máis interesantes na actualidade como son Uruguai, Inglaterra ou EE. UU. Así, acabamos de lanzar:

-Unha web totalmente renovada, na que se coidou ata o máis mínimo detalle para que quede patente en cada recuncho esta nova etapa da marca. Cun look& feel moi limpo, contemporáneo e “orgánico”, centrámonos en materiais audiovisuais descritivos e moi dinámicos.

-Un dossier de servizos en castelán e inglés moi enfocado a trasladar en imaxes a esencia do portfolio de Cristina Mantilla.

-Execución de diferentes sesións fotográficas, nas que se reflicte á perfección o espírito da marca, e que, servirán como soporte gráfico para todos os eixos comunicativos e publicitarios.

-Creación dos tarxetas de visita e outros elementos corporativos.

-Xestión da comunicación en redes sociais e xestión publicitaria.

Como podedes observar, envorcámonos de cheo neste proxecto, do mesmo xeito que o facemos en cada un dos que entran na nosa oficina, e os resultados están a ser realmente positivos. De feito estanos gustando tanto a liña conceptual, que ata nos arrincamos a crear un jingle, que cando menos vos esperedes, estará a soar ata na vosa lista de Spotify.

Seguirémosvos informando, mentres tanto, seguiremos movendo os fíos!


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *