Email marketing: Asunto e contenido

No post anterior explicámosche  que é o email marketing desde o principio, un campo moi usado en estratexias de marketing e que, aínda que non o creas xera moitas conversións. Nesta segunda parte do email marketing, enfocado sobre todo no sector turístico, queremos centrarnos nalgúns trucos para conseguir un asunto e un contido ideal.

O interior, ou contido, das campañas hai que traballalo moi ben, e en especial, o asunto, pois este marcará que o usuario abra o correo electrónico ou non,

Así que, a traballar!

Elixe o asunto perfecto para a túa campaña

O primeiro para redactar o asunto da nosa campaña de email marketing é ser breve e  conciso. Os 20 primeiros caracteres son os máis importantes, e ademais non deberías pasarte dos 50 caracteres. Debes ser claro e directo.

Agora que xa sabes un pouco máis, vamos comezar a darche eses trucos para conseguir un asunto e un contido ideal nas túas próximas estratexias de marketing,

E agora si, toma nota!

  • O asunto é a túa chamada á acción. Se queremos que o usuario reserve no noso hotel, este podería ser: “Reserva agora e aprovéitate das nosas ofertas!”. Se este é o teu obxectivo, incítalle ao mesmo desde o principio.

  • Customización. Podes poñer o nome do destinatario, pois así a interacción con el é moito máis humana, dirixíndonos directamente ao cliente. Fai que se senta único!: “María, só para ti ofrecémosche un 10% na túa próxima reserva”.

  • Crea unha necesidade. Tenta que ao usuario lle esperte o interese por facer algo nese momento. Por exemplo: “Ultimo día: reserva hoxe e terás un 10% de desconto”.

  • Deixa coa intriga. Comeza a mensaxe no asunto e conéctao co contido do email: “A escapada de fin de semana perfecta…”.

O contido que non pode faltar na túa estratexia de email marketing

Hai moitas maneiras de facer email marketing e é que por correo electrónico podes facer chegar todo o contido que creas conveniente. En  Mr Turismo só queremos darche algúns trucos do que non pode faltar para que non che pille por sorpresa.

  • Un dos correos electrónicos máis importantes que todo usuario debe recibir é o de benvida. Podes aproveitar para dar as grazas por unirse e dar unhas primeiras pinceladas do que pode descubrir coa túa empresa.

  • Utiliza as túas campañas de email para dar a coñecer as ofertas e descontos activos, así como cupóns en días máis especiais.

  • A  newsletter é algo que non pode faltar en email marketing, trátase dunha publicación a través do correo electrónico con certa periodicidade para contar novidades ou, por exemplo, convidar a ver as últimas publicacións do blogue da empresa.

  • As datas especiais seguro que é o contido que máis che soa como consumidor, pois é moi importante felicitar ao usuario o día dos seus aniversarios ou ben, en días especiais para el: Celebra connosco San Xoan!

  • Podes usar email marketing tamén para promocionar un evento no que está inmersa a túa empresa, por exemplo: Xa comezou o Fitur 2021!

Despois de toda a información sobre o email marketing esperamos que o poñas en práctica. Se necesitas consultarnos podes facelo a través do  mail comercial@mrturismo.com ou no teléfono 604 022 856 e poñerémonos a traballar niso. Bota un ollo tamén ao noso blogue porque nel comentámosche algún servizo máis de marketing.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *