Falamos nun post anterior sobre que é o Inbound marketing e hoxe imos avanzar sobre algunhas definicións que aparecerán de forma recorrente cando nos refiramos ao Inbound Marketing. Antes de enumerar as definicións, queremos refrescar a idea que agroma detrás desta técnica de venda: trátase de atraer aos nosos clientes, de mostrar os nosos destinos turísticos como apetecibles, nunca de perseguilos, senón que a través dos nosos contidos de calidade, xeremos unha atracción natural cara ao noso nicho de clientes delimitado. Os contidos e a organización da nosa oferta na Rede serán claves para que o Inbound marketing do noso restaurante, cámping, hotel ou casa rural resulten máis efectivos e nos leven á ansiada conversión.
Dicionário Inbound Marketing
Buyer Person: perfil do cliente potencial ao que nos queremos achegar. Trátase de poñerse no seu lugar para ver cales son os seus intereses ou se a nosa oferta resultara útil ou atractiva. Unha forma de elaborar o buyer person é a través de preguntas: Onde vive? Como e cando viaxa? En que canles fai os seus reservas? Que actividades lle interesan? Quen e que lle inflúe? Que podemos aportar? Canto tempo ten para gozar de vacacións?
Calendario editorial: trátase da organización dos contidos que se publicarán por temas e data na nosa web de contido turístico. Cando publicaremos contido informativo sobre os atractivos do noso destino, ofertas de estancias ou consumo, concursos..etc.
Conversión social: conversión dun contacto en cliente a través dos contidos en redes sociais.
CPL (Cost Per Lead): é o cálculo do que nos custa facernos cos datos de contacto dun cliente potencial.
CRO (Conversion Rate Optimization): son os procesos que temos que iniciar si queremos conseguir unha mellor taxa de conversión seguidor-cliente a través de nosa web. Por exemplo, pescudar que pasos hai que dar para que os nosos visitantes reserven no motor de reservas da web do noso hotel.
CTA (Call To Action): accións que emprendemos para mobilizar aos nosos seguidores en redes sociais ou para provocar un comportamento entre o noso nicho de clientes; por exemplo, animar a que se subscriban a un boletín de novidades ou a que fagan gústame nun determinado contido da nosa web ou redes.
Folcsonomía: a orde dos contidos dunha web é crucial. Trátase de que sexa o usuario o que os ordene a través de tags ou etiquetas.
KPI (Key Performance Indicator) : son as claves ou obxectivos que nos poñemos ao lanzar unha estratexia para o noso establecemento turístico. Se temos estes marcadores poderemos saber si o noso traballo está funcionando ou non.
Landing Page (páxina de aterraxe): son as páxinas webs ás que queremos dirixir o tráfico; o sitio que ten que visitar os nosos seguidores e clientes potenciais e “a casa” que recibe o noso traballo en SEO e SEM, así como en redes sociais.
Lead Generation (prospección): é o proceso no que identificamos onde están o noso público obxectivo e como podemos convertelos en clientes.
Obxectivos en Analytics: se queremos medir o tráfico da nosa web e comprobar cantos deses visitantes tradúcense en vendas de prazas ou reservas en restaurante ou hotel temos que marcar uns datos previos na ferramenta de análise de tráfico. Así podemos comprobar a calidade do mesmo e saber que fontes apórtannos unha maior taxa de conversión.
PPC (Pay Per Click): o custo por click serve para emprender accións de publicidade online pagando só polo tráfico que chega á nosa web.
ROI (Return Of Investment): o retorno do capital investido permítenos coñecer a rendabilidade das accións de marketing que emprendemos.
SMO (Social Media Optimization): son accións destinadas a mellorar a calidade e a visibilidade dos nosos contidos en redes sociais para alcanzar un público maior e aumentar as posibilidades de conversión en venda.
Taxa de Rebote: trátase da porcentaxe de usuarios que abandonan nosa web vendo só unha páxina; en xeral non debe ser superior ao 50% de tráfico que recibe a web.
Taxonomía: é a clasificación por temas dos contidos que aloxamos na nosa web.
Estes son algúns dos términos máis comúns que manexamos cando nos referimos ao Inbound Marketing. Esperamos que lles resulten de axuda e que este ano que recentemente empeza traia saúde e éxito en todo o que emprendamos.
0 comentarios