Antes de nada, seguro que o ano pasado quedaches sen poder realizar eventos e aínda que xa había feiras e congresos virtuais, non era algo que tiñamos tan interiorizado. Ca pandemia e as súas consecuencias tivemos que adaptarnos para seguir contando con estes eventos, aínda que sen presencialidade.

As feiras virtuais viñeron para quedarse e en Mr Turismo involucrámonos para que as teñas ó teu alcance con toda a tecnoloxía. Coñecelas?

Feiras virtuais, unha solución pensada para ti

Ata agora, unha feira concibíase como unha exhibición nunha instalación para promocionar e vender un servizo ou produto. Un exemplo turístico sería Fairway, que se trata dun congreso con feira do Camiño de Santiago.

Agora tócache a ti imaxinalo virtual,

Se a todas as vantaxes das feiras tradicionais lle sumas as que che propoñemos en Mr Turismo daraste conta do beneficioso que pode ser para ti e o teu negocio organizar unha feira virtual. Moitas feiras e congresos agora quedaranse en híbridas polo vantaxosas que lles resultaron así que o que está claro é que veñen para quedarse.

Por se aínda non estás seguro do que che estamos contando dámosche as 4 pinceladas que marcarán a diferencia e que che farán querer unha feira virtual.

PÚBLICO

Imaxínate que unha persoa moi interesada no teu proxecto non está na cidade e non pode ir á túa feira. Pois ó ser virtual acabouse este problema. Calquera persoa pode estar no teu evento, da igual o lugar, polo que a posibilidade de chegar a máis persoas aumenta moitísimo.

É dicir,

Facemos a túa feira máis internacional!

As feiras afianzan as relacións con clientes actuais e dan a coñecer a potenciais. É un espazo onde se xuntarán persoas cun interese común así que xa sabes.

INVERSIÓN E AFORRO DE CUSTOS

Outra cousa para ter en conta neste tipo de eventos virtuais, como feiras, é velo como unha inversión, máis que como un gasto. O beneficio para ti será maior que el custe ocasionado, porque cada ano será menor. E por suposto, os usuarios aforran os gastos de desprazamento ¡Todo facilidades!

ESPAZOS: Stands, auditorios, workshop…

Cas opcións de busca os usuarios encontrarán rápido o teu expositor e todos os stands terán un avatar aportando información e unha descarga de arquivos. Ademais, haberá videoconferencias para atender ós usuarios e canais de chat para establecer diálogos e resolver dúbidas.

TECNOLOXÍA

Calquera persoa poderá descargar folletos e catálogos que perduren no tempo máis que os simples folletos en papel ós que estamos habituados. Consigue uns entornos virtuais hiperrealistas y coida todos os detalles.

Aínda o estás pensando? Se queres máis información ou consultas outras solucións que poidan interesarche para o sector turístico, só tes que entrar na nosa web ou contactar con nos no mail comercial@mrturismo.com ou no teléfono 604 022 856.

Categorías: Blogue

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *