Imaxinas ofrecerlle aos turistas un mapa interactivo que permita ver os monumentos en 3D a través da realidade aumentada? Dálle unha nova dimensión aos teus mapas e fai que cobren vida con Mr Turismo!
Encargámonos de converter o rueiro do teu destino nunha experiencia interactiva para os usuarios, que só con escanear un código QR poderán acceder a un servizo web de Realidade Aumentada que lles permitirá ver, pasando o móbil sobre o mapa, os diferentes puntos de interese en 3D e interactuar co produto dunha maneira totalmente diferente.
… Visualizar os puntos de interese do destino, sobre o propio plano, en 3 dimensións.
… Escoitar audioguías e información de interese en diferentes idiomas.
… Reproducir vídeos sobre o propio mapa.
… Realizar visitas virtuais con alzados 3D, vídeos e fotos en 360º, imaxes ou PDFs: non hai arquivo multimedia que se resista a este servicio web!
… Acceder a contidos de interese relacionados cos puntos crave do plano, como links cara a páxinas web ou plataformas de venda de entradas.
Todos los que queramos: monumentos, museos, espacios naturales, oficinas de turismo, hoteles y restaurantes, paradas de transporte público, empresas y entidades, otros servicios…
¡Las barreras de espacio desaparecen al conjugar el formato físico con el virtual!
Todos os que queiramos: monumentos, museos, espazos naturais, oficinas de turismo, hoteis e restaurantes, paradas de transporte público, empresas e entidades, outros servizos…
As barreiras de espazo desaparecen ao conxugar o formato físico co virtual!
Gamificación: Con este tipo de mapas unha visita turística convértese nun xogo dixital, especialmente para os nenos que son quen máis gozan destas experiencias interactivas. Por iso, estes folletos son ideais para destinos que queiran centrarse no turismo familiar.
Adaptabilidade: Nos planos interactivos é posible sinalizar todos os puntos de interese que sexan necesarios e adaptalo a diferentes segmentos: turismo vacacional, familiar, de aventura, congresos…
Rentabilidade: Os mapas interactivos son un produto altamente rendible para os destinos turísticos, xa que poden comercializarse ou obter beneficios ofrecendo ás empresas publicitarse a través do servizo web.
Versatilidade: O mapa turístico de realidade aumentada poderá estar en calquera lugar que imaxines: un simple vinilo no cristal dun aeroporto, un mupi publicitario ou en calquera outro soporte. Sempre dispoñible para que os visitantes poidan interactuar con el.
Experiencial: Entregarás aos visitantes un plano que, ademais de servirlles para orientarse polo destino, xerará valor engadido cunha experiencia que achega unha nova dimensión á impresión e complementa a información que xa de seu ofrece un mapa turístico.
Aínda que é certo que a realidade aumentada non pode verse a través dunha web, si podemos facer unha versión do mapa en 3D para promocionalo desde a páxina oficial do teu destino.
En Mr Turismo podemos crear todos os contidos necesarios desde cero, ou ben recompilar e adaptar os gráficos e arquivos multimedia xa dispoñibles para crear o teu mapa de realidade aumentada. Chave en man total ou nos adaptamos ao xa existente!
Unha vez creado o servizo web, podemos alimentalo con todo o contido necesario ao longo do tempo, sen que iso supoña novos custos.
WhatsApp us