RUTAS EMOCIONAIS

Multiplica a experiencia na ruta!

Imaxinas que os teus visitantes poidan comezar a gozar da ruta antes de chegar?

Pois iso é posible grazas ás rutas emocionais!

rutas emocionales

Seguro que moitas veces viches rutas que, aínda que desfrutas, quédanse en cumprir unicamente a función de agradarnos visualmente con paisaxes. Pero agora, cas rutas emocionais, darás un paso máis.

Os teus visitantes quedarán impresionados co teu destino e, ademais, serán partícipes da súa historia. Pois descubrirán recordos e emocións que lle farán conectar co lugar e a súa xente. E é que a poboación local será a encargada de facer, dun percorrido convencional, unha ruta emocional cunha temática concreta. As pequenas pezas audiovisuais que se poderán visualizar e que ampliarán a información, cativaraos.

Mentres que os teus visitantes planean a ruta desde as súas casas, poderán empezar a gozar da experiencia a través da tecnoloxía. Isto será posible grazas a un mapa completamente  navegable no que, desprazándose por el, poderán acceder a gran cantidade de información multimedia sobre a ruta.

E, aínda por riba, unha vez na ruta, poderán seguir accedendo á información a través do seu dispositivo móbil, que ademais lle mostrará a súa posición sobre o mapa en tempo real. E é que agora os teus visitantes quedarán impresionados antes e durante.

caracteristicas tecnicas

A través das rutas emocionais é posible…

… Escoitar unha  audioguía con información de interese en distintos idiomas.

… Realizar visitas virtuais 3D ao patrimonio relevante.

… Reproducir vídeos e ver fotografías.

… Acceder a contidos de interese sobre a ruta.

rutas

Que elementos podemos incluír?

Todos os que queiramos: monumentos, espazos naturais, lugares interesantes para a ruta

A través da realidade aumentada ensinarás recursos ou escenarios que existiron tempo atrás, expondo a ruta en distintos escenarios polos que te poderás desprazar e realizar.

Unha experiencia moito máis enriquecedora e atractiva  visualmente!

Que elementos podemos incluír?

Todos os que queiramos: monumentos, espazos naturais, lugares interesantes para a ruta

A través da realidade aumentada ensinarás recursos ou escenarios que existiron tempo atrás, expondo a ruta en distintos escenarios polos que te poderás desprazar e realizar.

 

Unha experiencia moito máis enriquecedora e atractiva  visualmente!

rutas

Que ofrece?

Emoción

Cóntase a ruta a través de personaxes representativos da mesma, cóntase a súa historia e a historia dos principais puntos de interese.

Adaptabilidade

É posible sinalizar todos os puntos de interese que sexan necesarios. O deseño gráfico e a web adaptaranse aos distintos tipos de dispositivos.

Experiencia

Multiplícase a experiencia ao poder gozar da ruta antes de visitala a través dun mapa  navegable con múltiples puntos de interese con arquivos multimedia. E gozala de novo in situ, onde ademais, mostrarase a posición do usuario sobre o mapa.

Sentiraste coma un habitante máis!

Inclúe todos os arquivos que imaxines

Textos

Imaxes

Fotografías inmersivas

Gigapan

Visitas virtuais 3D

Vídeos

Vídeos 360º

Audioguías

PDFs

Características técnicas

das nosas rutas emocionais:

Funcionan en  calquera tipo de navegador web.

Inclúe a navegación responsive para dispositivos móbiles (teléfonos, tabletas…).

Non é necesario instalar ningún tipo de software ou aplicación no dispositivo do usuario.

Posibilidade de desenvolvemento en múltiples idiomas.