Mr Turismo para Oca Hotels

Este ano 2019 presentouse cargado de traballo e proxectos ilusionantes para Mr Turismo. Un dos que celebramos con maior entusiasmo é a nosa incorporación a OCA Hotels para desenvolver a súa estratexia de márketing. Un gran reto se temos en conta que a cadea galega, ademais de celebrar o vinte aniversario do Hotel Oca Porta do Camiño, atópase inmersa nun ambicioso proceso de expansión que lle achega xa á trintena de establecementos repartidos por Galicia, Asturias, Castela e León, Cataluña e Brasil. Faio baixo tres marcas – Grand Oca, Oca e Duerming- e en réxime tanto de explotación directa como franquiada.

Mr Turismo para Oca Hotels

Un dos grandes obxectivos que nos impuxemos é o de reforzar a identidade corporativa de OCA Hotels. O restyling da súa imaxe de marca busca dar un aspecto máis actual, facela facilmente identificable e manter, en suma, unha liña homoxénea en toda a súa comunicación.

Por suposto cada paso está contemplado nun plan de márketing adaptado ás súas características, tendo en conta os diferentes perfís dos seus establecementos e públicos. É fundamental, e así llo trasladamos a todos os nosos clientes, trazar unha estratexia ben enfocada. Nunca aconsellamos comezar a traballar sen unha boa segmentación, cronograma ou elección das canles máis adecuadas para cada acción.

No noso día a día realizamos unha xestión integral das redes sociais, desde a elección das utilizadas, ata os tipos de publicacións ou a publicidade nas mesmas. Actualizamos o blog con temas de interese para os usuarios e publicacións nas que coidamos especialmente os parámetros de posicionamento. Ocupámonos tamén de todo o traballo e-mail márketing co envío de newsletters orientadas a cada tipo de cliente, oferta ou produto vacacional.

Mr Turismo para Oca Hotels

Todas estas tarefas tamén se apoian no ámbito off line con:

Gabinete de prensa e a redacción de comunicados e envío aos medios daquelas noticias relevantes para a cadea.

Planificación de medios co obxecto de optimizar os investimentos publicitarios.

-Apoio na organización de eventos.

Mr Turismo para Oca Hotels

Confiamos en que nuestro trabajo brinde tanto a Oca Hotels como a Mr Turismo grandes alegrías durante todo este año y sea el germen de una larga y exitosa trayectoria conjunta. ¡Os invitamos a que visitéis esta gran cadena y disfrutéis de su gran calidad y su gran equipo de empleados!


0 commentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará