SEO y turismo

Si, a competencia no sector turístico xa non é só complicada e feroz. É persoal,como todos os negocios do século XXI. Dáse por suposto que debemos ter unha identidade na rede que cante as alabanzas da nosa cociña, a sutil suntuosidade dos cuartos do noso hotel ou as marabillas naturais das que se poden gozar desde a nosa parcela do camping. Iso, dicimos, hai que telo si ou si. Pero agora chega a terrible dúbida: “Seica algo do que fago ten relevancia no medio do océano binario que é Internet?” Aquí van algúns consellos para redactar un post como cómpre, ou sexa, para que o Search Engine Optimization estea realmente optmizado. Un seo orientado ao turismo.

A redacción e o seo: nada de mensaxes robóticas

Partimos desde o máis sinxelo: escribir é difícil. Facelo tendo en conta dúas mensaxes vólveo aínda máis complicado. O noso obxectivo é que os motores de procura atopen antes esas novas páxinas que creamos cando alguén teclea as palabras chave. A optimización para buscadores besbéllanos na orella mentres tecleamos que hai que repetir esas palabras máxicas tantas veces como nos sexa posible, gañe ou perda o sentido da escritura. Pero como nos dedicamos ao sector turístico, debemos dar unha imaxe atractiva en todo momento, así que a primeira incógnita xa está servida.

Lembren, o máis importante é que un artigo ou post estean escritos de forma natural. A estrutura suxeito-verbo-predicado segue sendo tan boa como nos tempos do galego-portugués. Formulación-nó-desenlace é forma de narración que funciona en Europa desde Aristóteles así que…Para que complicalo? Traducido ao turismo, primeiro débese contar onde estamos e as marabillas da contorna, ou a historia da nosa lareira ou o especial da nosa cidade e porqué nós temos un plan para que veñan vernos; en segundo lugar, está a descrición do noso establecemento e para rematar, as ofertas que prometemos na primeira parte.

Unha vez que temos ben estructurado todo o que queremos contar sobre o noso establecemento turístico, debemos preocuparnos de como o indexará o motor de procura (é dicir, como recollerá a existencia desa páxina e ofreceraa nas procuras). Hai catro conceptos chave para o SEO.

Frecuencia, ou densidade, das palabras chave: é importante contar cantas veces repítese a palabra crave que nos interesa (por exemplo, “hotel en santiago de compostela” ou “restaurante en santiago” ou “camping en pontevedra” ou “turismo en galicia”) na suma total de palabras do texto que colgamos. É importante que se repita bastantes veces, como mínimo, tres veces cada 250 palabras. Aquí empeza o complicado: a densidade pode facer que o noso post sobre o chuletón do noso restaurante en Santiago sexa pouco natural a quen le.

Proximidade das palabras chave: digamos, unha pequena arte para evitar textos trampulleiros. É moi importante que a palabra chave que queremos destacar no SEO estea colocada a unha distancia “natural” tanto en texto como en titulares. Nada de apilar “turismo en Pontevedra” ou “Campings en Galicia” cen veces ao final do texto. Ten que estar ben situada no titular e a unha distancia razoable dentro dun texto.

Prominencia da palabra chave: pois está claro, si queremos destacar as palabras “turismo” ou “restaurante” ou “camping” para o SEO, debemos situalas nos lugares máis destacados dun texto, que son: o titulo (chamado page title), métaa descrición, o encabezado ou “titular” (chamado H1), o subtitulo ou ladillo (chamado H2) e no primeiro párrafo do texto. Tamén debemos destacalas ao longo do texo con negritas ou cursivas. Recomendamos o uso de negritas.

“Algo máis que debamos saber sobre o SEO nos nosos negocios, Mr.Turismo?”

Bo, tampouco imos desvelar toda a maxia aquí. Pero si, é importante ter en conta algunhas cifras e xeitos de redactar.

Unha boa densidade é aquela que anda entre o 2% e o 4% de palabras chave no texto. Non hai que angustiarse, nin gastar a palabra “camping” ou “hotel” máis do debido en aras do bo SEO. Recorden que é tan importante a densidad como a coherencia, por iso mídese a proximidade. Valen sinónimos.

É moi recomendable colocar as palabras chave no titulo da páxina (esas palabras que saen arriba de todo nunha web) e é aínda mellor para o SEO facela coincidir co titulo do post. Ademais, si iniciamos o párrafo coa nosa palabra crave (“turismo en Pontevedra”, por exemplo) será aínda mellor para o SEO.

Enlaces internos axudan moito. Si colocamos un enlace nunha palabra chave primaria (“turismo” ou “pontevedra”) cara a outro post que escribamos con anterioridad, puntuará moito.

–E para rematar, o máis importante: hai que saber poñerse na pel da que busca en Google. Cales son as palabras que se escriben a barra do buscador cando alguén pensa en virse de vacacións a Galicia? Como se buscan os restaurantes na nosa cidade? Que contidos interesan aos usuarios do camping? Tamén hai que incluír as “chamadas á acción”, que os visitantes da nosa páxina comenten o texto, compártano en redes, usen as ofertas que lles propoñemos…

E esta non é unha tarefa sinxela, como advertimos ao principio deste post.

Ou vostedes que creen?


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *